Page 89

TEMA

IV

1.9.2. MANTEMENTO DAS REPOBOACIÓNS FORESTAIS Os propietarios están obrigados a manter en todo momento as franxas de terreo resultantes da salvagarda das distancias mínimas indicadas anteriormente, limpas de maleza, restos e xermolos de árbores. As repoboacións forestais deberán manterse en todo momento limpas, en condicións e características axeitadas, para a prevención e mellor defensa contra os incendios forestais.

25 metro

s

1.9.3. PROHIBICIÓNS • Prohíbense: ✜

As repoboacións forestais en solo urbano e núcleos rurais.

As repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos.

A realización de repoboacións forestais coa especie Acacia melanoxylon (acacia) e Acacia dealbata (mimosa).

• Non se poderán mudar os usos primarios dos terreos contemplados nos plans xerais de ordenación municipal, ou aqueles que tradicionalmente se veñan realizando nunha zona concreta aínda que non estea así recollido non devanditos plans xerais. • En zonas incluídas nun proceso de concentración parcelaria, os usos haberanse de adaptar ao plan de ordenación de cultivos ou forestal establecido na lexislación. • Poderase admitir, no caso que exista un plan de ordenación de cultivos ou forestal, un cambio de uso das terras agrícolas, sempre que non interfira no desenvolvemento agrario da zona. Para a aprobación desta forestación será obrigado que esta se realice con frondosas caducifolias, priorizando o aproveitamento integral do uso.

1.10. OUTRAS ACTUACIÓNS Seguindo coas actuacións preventivas, poderemos tamén actuar dunha forma indirecta sobre as accións humanas, dificultando que, de darse unha actuación neglixente ou accidental ao manexar o lume, o incendio se chegue a propagar. Para isto actuaremos sobre aquelas zonas de risco potencial, eliminando algún dos elementos que poden facer saltar a alarma, como poden ser:

92

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement