Page 87

TEMA

IV

celas, referenciadas segundo o SIXPAC, incluídas dentro das faixas e indicando as que, en función do seu uso e estado, deberán ser obxecto do programa de rozas ou mantemento. A elaboración dos plans de prevención e defensa nas parcelas situadas fóra do monte a unha distancia inferior a 25 m do seu perímetro e nos terreos forestais, rasos ou arborizados, que se sitúen, dentro do monte, a menos de 10 m do seu perímetro, será realizada pola Consellaría do Medio Rural. A elaboración dos plans de prevención e defensa nas parcelas situadas nunha franxa de 25 m ao redor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais, eléctricas ou infraestruturas de transporte, situadas a menos de 400 m do monte, será competencia municipal e pasarán a formar parte dos plans municipais de protección civil.

1.8.3. EXECUCIÓN DOS TRABALLOS DE PREVENCIÓN E DEFENSA NAS FAIXAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN E OBRIGAS DOS PROPIETARIOS Os traballos incluídos nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais decláranse de interese xeral. A Consellaría do Medio Rural e os concellos, no ámbito das súas respectivas competencias, ordenarán a execución dos traballos preventivos das faixas de especial protección indicando o prazo de realización, que en ningún caso superará os 30 días naturais. Os propietarios dos terreos situados nas faixas de especial protección deberán: • Executar os traballos definidos nos plans básicos de protección e defensa que sexan aprobados polas autoridades competentes en materia de protección civil. • Asegurar que os terreos que abranguen a faixa de especial protección se atopen libres de vexetación accesoria á masa principal e coa masa arbórea rareada, de acordo coa normativa existente. • Manter limpos de vexetación os viarios de titularidade privada, así como as gabias ou cunetas. • Colaborar coas administracións competentes en materia de prevención e extinción de incendios forestais e de protección civil. • Permitir o acceso, durante o tempo necesario, aos servizos de extinción co fin de efectuar os traballos de limpeza precisos para evitar o risco de incendios forestais. O incumprimento destas obrigas traerá consigo o correspondente procedemento sancionador e ademais repercutirán sobre o propietario nos custos dos traballos que, con carácter subsidiario, efectúe a Administración.

90

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement