Page 85

TEMA

IV

O pastoreo nestes perímetros unicamente se poderá realizar no interior de cercados axeitados ao gando. A administración forestal colaborará a través da concesión de axudas e incentivos aos propietarios dos montes e aos titulares de gando para a redacción de plans de aproveitamento de recursos forestais, a creación de peches para o gando e outras accións de mellora nestas zonas de alto risco de incendio. A Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible emitirá informe previo cando nos perímetros de preferente ordenación se inclúan terreos: • Cualificados como espazos naturais protexidos. • Que se atopen delimitados dentro de hábitats para a conservación das aves silvestres. 1.7.4. AUTORIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS As competicións automobilísticas, de motocross, quads e similares que se realicen no territorio incluído en zonas de alto risco de incendios forestais deberán contar con autorización da delegación provincial da Consellaría do Medio Rural. Esta autorización deberá abranguer tanto a competición en si mesma coma os adestramentos previos. Os promotores das devanditas competicións deberán achegar xunto coa solicitude de autorización o correspondente permiso do propietario ou propietarios do terreo forestal. Se a delegación provincial non emite resolución expresa no prazo dun mes, entenderase estimado por silencio administrativo.

1.7.5. PLANS DE PREVENCIÓN E DEFENSA A Consellaría do Medio Rural elaborará un plan de prevención e defensa aplicable a cada unha das zonas de alto risco de incendios forestais, onde se determinarán: • As medidas e traballos preventivos aplicables a elas (devasas, vías de acceso e puntos de auga), que deben realizar os propietarios dos montes da zona, así como os prazos e modalidades de execución. • Os usos, costumes e actividades que poidan existir na zona e que se manifesten a través da provocación reiterada de lumes ou do uso neglixente do lume, así como a determinación das épocas do ano de alto risco de lumes forestais. • Establecemento e dispoñibilidade de medios de vixilancia e extinción necesarios para dar cobertura a toda a superficie forestal da zona, coas previsións para o seu financiamento. • A regulación dos aproveitamentos e usos que poidan dar lugar a risco de lumes forestais.

88

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement