Page 84

IV

TEMA

1.6. SANCIÓN DAS INFRACCIÓNS Como última solución, unha vez que todas as medidas anteriores non impediron que algunha persoa cometa algún tipo de infracción relacionada co lume, ben sexa de forma intencionada ou incluso neglixentemente, teremos que recorrer a medidas radicais como aplicar a lexislación existente, denunciando aqueles casos que así o requiran e sancionando finalmente a infracción cometida.

1.7. ZONAS DE ALTO RISCO 1.7.1. DECLARACIÓN DE ZONAS DE ALTO RISCO A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais poderá declarar como “zonas de alto risco de incendio” aquelas áreas nas que a frecuencia ou virulencia dos incendios forestais e a importancia dos valores ameazados fagan necesarias medidas especiais de protección contra os incendios. Estas medidas farán fincapé na prevención, vixilancia e investigación co obxecto de eliminar a situación de risco. Periodicamente publicarase a relación das devanditas zonas, mediante orde da Consellaría do Medio Rural, indicando os concellos en que están situadas. Nos concellos onde se sitúen zonas de alto risco de incendios forestais priorizaranse accións de prevención contra incendios forestais, con independencia das especificadas no resto do territorio.

1.7.2. LIMITACIÓNS EN ZONAS DE ALTO RISCO Nas zonas de alto risco de incendios forestais: • Queda prohibida a utilización do lume para eliminar restos de aproveitamentos forestais e de tratamentos silvícolas. • Se existe xustificación técnica de inexistencia doutras alternativas viables para a eliminación destes restos, poderase solicitar á Consellaría do Medio Rural a utilización do lume para eliminalos. Se non se obtivese resposta no prazo dun mes, poderase proceder á queima dos restos logo de solicitar a correspondente autorización. 1.7.3. PERÍMETROS DE PREFERENTE ORDENACIÓN PARA O PASTOREO Nas zonas de alto risco de incendios forestais poderanse declarar perímetros de preferente ordenación para o pastoreo.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

87

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement