Page 81

TEMA

IV

1.4. NORMAS PREVENTIVAS Explotacións forestais. Cando se levan a cabo traballos de explotación forestal, quen os realicen deberán seguir unhas normas: • Coidar que os camiños e devasas non queden obstruídos. • Deberanse eliminar os residuos unha vez rematado. • Os produtos amorearanse en cargadeiros, estando cada pila distanciada das lindeiras un mínimo de 10 m, se se trata de madeira ou cortiza e de 25 m, se de barrís de resina. • Os parques de clasificación, cargadeiros e zonas de carga, cando estean en uso, manteranse limpos ademais de estar provistos dunha faixa perimetral de anchura suficiente. Queima de pasto e matogueiras As queimas terán que acomodarse ao lexislado ou regulamentado e, en todo caso, terá que seguir as seguintes normas: • Facer unha devasa perimetral desprovista até o solo mineral de combustibles con 5 m de largo mínimo. • Ter, para realizar a operación, persoal suficiente. • Ter reservas de auga non inferiores aos 50 l por persoa. • Estar provistos das ferramentas necesarias (batelumes, aixadas, etc.). • Realizar estes labores en épocas nas que non exista perigo e con autorización. • O lume iniciarase na parte máis alta e contra o vento. • Un retén suficiente permanecerá na zona queimada para evitar a súa reprodución. • A queima rematarase 2 horas antes da posta do sol. • Faranse en días de certa humidade e sen vento. Fogueiras Ao prender lume no monte para preparar comida, quentarse, etc., só se poderá facer cando non estea especialmente prohibido e sempre en época e días sen perigo, seguindo as seguintes normas: • Elixir un claro sen pendentes e resgardado do vento. • Limpar de vexetación un círculo de 3 m de diámetro mínimo. • O lume manterase en pequenas dimensións. • Non se abandonará acendido, cubríndoo con terra e auga e asegurándose media hora despois de extinguido de que non hai risco.

84

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement