Page 80

IV

TEMA

Normas para a realización das queimas • A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida 2 horas antes de poñerse. • Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa mínima de 5 metros ao redor do perímetro que se vai queimar. • Non se poderá iniciar ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume. • Vixiarase a zona queimada, até que o lume estea totalmente apagado e transcorresen 2 horas sen que se observen lapas ou brasas. • En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Non poderá realizar a queima unha soa persoa, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo. Seguridade nas queimas Toda queima que se realice, tanto agrícola coma forestal, deberá aterse ás seguintes prescricións:

Antes da queima:

• Solicitar autorización nas oficinas da Consellaría do Medio Rural. • Só se poden facer queimas controladas de día. • Limpar 5 metros ao redor da queima. • Ter auga preto e non queimar se percibe vento. Durante a queima:

• Non queimar estando só. • Procurar o vento ás costas. • Queimar dende a parte superior da pendente e pouco a pouco. • Procurar ter un medio de comunicación (teléfono móbil, etc.). • A comunicación ou autorización de queimas outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

83

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement