Page 79

TEMA

IV

1.3. PLAN DE QUEIMAS O lume foi unha ferramenta de traballo a través dos anos. Querelo eliminar pola forza, ademais de contraproducente, sería pouco menos que imposible. O que si podemos procurar é que o lume sexa empregado de xeito racional e controlado. Para isto, cada ano débese facer un plan de queimas, baixo unha regulamentación que se axuste ás necesidades. Para isto existen as chamadas comunicacións e autorizacións de queima que a xente pode solicitar de xeito gratuíto ao SPDCIF en calquera época do ano, excepto na de máximo perigo (do 15 de xullo ao 30 de setembro) ou cando por motivos excepcionais de perigosidade así se estableza, agás naqueles casos nos que o autorice expresamente a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Autorizacións de queima Esta solicitude realizarase nas oficinas provinciais ou do distrito correspondente cunha antelación mínima de 7 días e outorgarase para un máximo de días. Precisarase “autorización” de queima para: • Realización de traballos en terreos forestais nos que sexa imprescindible facer uso do lume. • Queima de restos forestais, amoreados ou non, con independencia de que estas teñan lugar nun terreo agrícola ou forestal. • Queimas controladas en matogueiras, pasteiros, cercados ou similares. Cando as autorizacións de queima se refiran a terreos cualificados como espazos naturais protexidos ou se atopen delimitados dentro de hábitats para a conservación de aves silvestres serán informadas no prazo de 3 días, pola Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Comunicacións de queima Esta solicitude realizarase vía telefónica a través do 902-112000 ou nas oficinas provinciais ou do distrito correspondente cunha antelación mínima de 2 días e outorgarase para un máximo de 7 días. Precisarase “comunicación” de queima para aquelas que se desenvolvan en terreos agrícolas situados a menos de 400 metros do monte para: • Realización de traballos nos que sexa imprescindible facer uso do lume. • Queima de restos agrícolas amoreados.

82

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement