Page 78

IV PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

TEMA

Os labores preventivos centraranse fundamentalmente sobre dúas cuestións: • Evitar que o incendio se chegue a producir a través de actuacións sobre a poboación. • No caso de chegar a producirse o incendio, dificultar o seu avance e facilitar os labores de extinción a través da silvicultura preventiva e a creación de infraestruturas de defensa.

1. ACTUACIÓNS PREVENTIVAS PARA EVITAR O INCENDIO As actuacións preventivas encamiñadas a evitar o incendio irán fundamentalmente dirixidas a actuar, directa ou indirectamente, sobre a poboación a través de campañas de información e educación, modificando hábitos arredor do lume ou actuando sobre eles, establecendo unha serie de normas preventivas e finalmente, de chegar a ser preciso, sancionando as infraccións cometidas.

1.1. EDUCACIÓN AMBIENTAL A concienciación sobre o medio natural e especialmente sobre a problemática dos incendios forestais debe empezar a unha idade prematura, cando os nenos comezan a súa etapa educativa, que é cando máis receptivos son. Polo tanto, deberíase implantar dentro dalgunha das materias, incrementando o grao de coñecemento a través dos anos e apoiándose no sistema pedagóxico, sobre todo con medios audiovisuais e nas idades máis curtas con xogos didácticos.

1.2. PROPAGANDA E INFORMACIÓN En idades máis maduras nas que xa non cabe a educación resultan eficaces campañas de propaganda e de información, non só nos medios de comunicación senón tamén, e de forma máis eficaz, procurando facelo en contacto cos interesados. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E V E N C I Ó N D E I N C E N D I O S F O R E S TA I S

81

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement