Page 76

III

TEMA

14.3.2. ANTES DE CADA MISIÓN Antes de cada misión deberemos facilitarlles os datos necesarios de:

Localización do obxectivo:

• Para designar calquera lanzamento sobre ou preto do flanco dun incendio, empregaranse os puntos cardinais, por exemplo, flanco sur. • Para descargas na cabeza, empregarase como sufixo a dirección cardinal, para así axudar a concretar a localización, por exemplo, cabeza noroeste. • Pódense tamén empregar referencias naturais ou artificiais facilmente identificables dende o aire, como rochas, árbores illadas, construcións, etc. É conveniente empregar os puntos cardinais dende a referencia seleccionada para evitar confusións ou malentendidos, por exemplo, lanzar a 100 metros ao norte da granxa. • Outro método de orientación é o do reloxo, situando o obxectivo a unha hora determinada con respecto á traxectoria da aeronave, por exemplo, obxectivo a 100 m da granxa ás túas 5. • Para a localización dos puntos de auga ou de recollida de cuadrillas, empregaremos coordenadas. Como realizar a misión

Ademais de localizar o obxectivo deberemos dicirlle como acometelo; se en ataque directo ou indirecto, se de cabeza a cola ou de cola a cabeza, etc.

14.3.3. DESPOIS DE CADA MISIÓN Unha vez realizada a descarga, analizada esta polo director de extinción, deberá cualificala e comunicarlla á aeronave en cuestión. A cualificación designarase da seguinte maneira: Se se fixo acorde ás nosas necesidades: efectiva. Se non se fixo tal como precisabamos: defectuosa. Seguirán despois as observacións necesarias para definir máis concretamente en que sentido fallou (curta, longa, desprazada a un lado ou ao outro, demasiado alta, etc.).

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

79

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement