Page 75

TEMA

III

14.2. CANDO REALIZAR AS COMUNICACIÓNS Aínda que xeralmente serán os medios aéreos quen se poñan en contacto cos de terra no momento que estimen oportuno, de ser preciso estes últimos deberán saber escoller o momento idóneo para establecer contacto con eles e poder facilitarlles a información necesaria para a súa correcta actuación. As comunicacións entre o CCD, director de extinción, etc. e o medio aéreo debe realizarse preferentemente nas fases de espera, xusto antes de actuar, xa que durante a aproximación final ao obxectivo, a tripulación estará moi ocupada coa operación (axuste de potencia, estabilización, exame dos sistemas de baleirado, etc.), ademais de polo propio lanzamento en si. As comunicacións, os ruídos e indicacións poden distraer e incluso poñer en perigo esta operación. Hai que dicir que unha vez comezada a aproximación final, a manobra non se pode abortar, xa que isto comprometería a seguridade do voo (sobre todo en lugares abruptos). Por isto non se deben dar ordes en contra dunha manobra xa iniciada. Realizada a descarga e a saída do circuíto, restableceranse as comunicacións para avaliar o traballo realizado.

14.3. QUE COMUNICACIÓNS EFECTUAREMOS Dende o momento da chegada do medio aéreo en cuestión até a súa retirada verémonos na obriga, dependendo de cada momento, de establecer diferentes comunicacións coa dita aeronave: No momento da chegada. Antes de cada misión. Despois de cada misión. Ao rematar a súa actuación. 14.3.1. NO MOMENTO DA CHEGADA Á hora da chegada da aeronave en cuestión, deberemos darlle información da situación do incendio, das condicións meteorolóxicas (dirección e intensidade do vento), dos obstáculos naturais ou artificiais que se van atopar na zona do incendio, localización dos posibles puntos de auga para cargar, a canle de comunicación e director de extinción, se este ten emisora aérea ou ben, aínda que non sexa o máis correcto, a canle de terra se a aeronave está equipada con equipo de terra.

78

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement