Page 71

TEMA

III

11.4. EQUIPOS REPETIDORES Instalados en puntos estratexicamente situados que permiten enlazar o resto de equipos, uns cos outros, directamente sen necesidade de intermediario.

12. MANEXO E MANTEMENTO DOS EQUIPOS DE COMUNICACIÓN

12.1. MANEXO DOS EQUIPOS Os equipos radiotransmisores que se van empregar deben estar en perfecto estado de funcionamento, polo que nos equipos fixos e móbiles faranse revisións periódicas e sempre asegurándose dunha boa conexión tanto da antena coma da alimentación e do micrófono. No caso dos equipos portátiles, antes de conectalas, deberase comprobar que a antena estea correctamente inserida e que os acumuladores estean a plena carga, debendo preverse a súa posible substitución en función da duración do servizo que se teña que prestar. Para a posta en funcionamento de calquera equipo debe facerse o seguinte: • Levar o mando de acendido/apagado á posición de acendido. • Elixir a canle na que se vai traballar mediante o selector de canles. • Pulsar o botón de prioritario e de, ser preciso, o do escáner. • Fixar o volume de audición que se desexe manter. Nestas condicións o aparello está preparado para recibir mensaxes. Se o que se quere é empregalo como transmisor, teranse en conta as seguintes consideracións: • Apertar o botón do micrófono. • Colocar o micrófono preto da boca pero sen chegar a tocalo con ela.

74

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement