Page 7

Presentación

Manual de prevención e extinción Nesta primeira edición preténdense divulgar as medidas adoptadas coa entrada en vigor da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais co obxectivo de protexer montes, núcleos de poboación, vías de comunicación, infraestruturas e áreas naturais de valor especial. A nova lexislación contempla tamén incentivos para a xestión enerxética a partir da eliminación da biomasa excedente co fin de evitar a propagación do lume, unha nova ordenación forestal mediante a plantación de especies arbóreas de calidade que fomentarán a biodiversidade e tratamentos de silvicultura que, de seguro, redundarán nun óptimo aproveitamento do monte. Expóñense tamén os contidos que regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais; as estratexias, obxectivos e accións prioritarias do PLADIGA e, finalmente, cuestións técnicas de interese para os integrantes do dispositivo. Na Consellaría do Medio Rural apostamos por un novo modelo de xestión forestal sustentable, que implique a todos os ámbitos da sociedade e garanta a multifuncionalidade do monte galego. Coidamos fundamental dotar dos medios e da formación necesaria este dispositivo profesional reorientado á prevención e extinción de incendios, coa intención compartida de poñer en valor os nosos recursos forestais, que constitúen unha parte sobranceira da riqueza natural, social e produtiva que define o noso País. Alfredo Suárez Canal Conselleiro do Medio Rural M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A P R E S E N TA C I Ó N

9

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement