Page 68

III

TEMA

10. O EQUIPO RADIO TRANSMISOR O elemento fundamental da rede de comunicación é o equipo radiotransmisor, tamén denominado transceptor, máis comunmente coñecido como emisora, que consiste nun aparello capaz de transmitir e recibir ondas de radio. Os seus principais compoñentes son: Emisor - receptor. Antena. Liña de transmisión. Fonte de alimentación.

10.1. EMISOR-RECEPTOR Constitúe a parte principal da emisora e consta dun corpo central no que no seu interior se realizan as funcións de amplificación, modulación, etc., que permitirá a transmisión e recepción das mensaxes. Ademais dispón dos seguintes elementos: Mando de volume. Acendido/apagado. Botón de selección de canles. Botón para activar escáner. Botón para activar canle prioritaria. Indicador de recepción (luz amarela). Acéndese non seguintes casos: Cando recibimos unha mensaxe. Cando hai interferencia (portadoras). Indicador de acendido e de emisión: Luz verde: aparato acendido. Luz vermella: aparato emitindo. Micrófono. Pantalla que indica as canles, canle prioritaria ou escáner.

10.2. ANTENA A antena é a parte da emisora destinada a emitir ao espazo a onda xerada polo aparato emisor–receptor ou captar a onda que se atopa no espazo, ao seu alcance, procedente doutra emisora.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

71

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement