Page 61

TEMA

III

• A potencia diminúe coa distancia. Canto máis afastado se estea do punto emisor, peor se recibe a información. • As redes de comunicación traballan en banda baixa de VHF (Frecuencia de 68 a 87,5 Mhz) e con modulación de frecuencia (FM) nos enlaces terra-terra e modulación de amplitude (AM) nos enlaces cos medios aéreos de extinción.

3.1. VANTAXES E INCONVENIENTES DA BANDA BAIXA DE VHF Vantaxes: Claridade da voz. Facilidade de emprego. Tamaño reducido dos equipos. Antenas curtas. Inconvenientes: Alcance limitado. Áreas cegas por accidente topográfico.

4. ESTRUTURA ORGANIZATIVA. REDE DE COMUNICACIÓNS As estacións de radio agrúpanse formando “mallas” que enlazan entre si empregando a mesma frecuencia. Por exemplo, todos os equipos dun distrito que enlazan co Centro de Coordinación de Distrito constitúen unha malla. O conxunto dunha ou varias mallas constitúe unha rede de radio. Por exemplo, as mallas dos diferentes distritos xunto coa que enlaza ao Centro de Coordinación Provincial cos diferentes Centros de Coordinación de Distrito forman a rede de radio desa provincia.

5. UTILIZACIÓN DE INDICATIVOS En principio está prohibido empregar nas comunicacións os nomes persoais, polo que cada unidade ou persoa debe ter un “indicativo”, que será o nome polo que se coñece a través da rede de radio. Os indicativos para as diferentes unidades ou persoas serán da seguinte maneira:

64

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement