Page 60

III AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

TEMA

1. AS RADIOCOMUNICACIÓNS NOS INCENDIOS FORESTAIS Contar cunha rede de comunicación ben estruturada e áxil é imprescindible para unha eficaz loita contra os incendios forestais. Unha detección eficiente e unha comunicación rápida reducen o “tempo de reacción”, que é o período transcorrido dende que se detecta o incendio até que se confirma a súa existencia e se comeza a actuar. Este espazo de tempo debe ser sempre o menor posible.

2. FINALIDADE E OBXECTIVOS A rede de radio ten por finalidade asegurar o enlace entre os distintos chanzas do SPDCIF. Para a loita contra os incendios forestais é indispensable dispor dunha rede de comunicacións que permita acadar os dous obxectivos seguintes: • Transmisión das novidades sobre vixilanza e detección dos incendios. • Canalización e coordinación das funcións de extinción de incendios.

3. CARACTERÍSTICAS DA REDE A rede actual é de comunicación por radio, que está fundamentada na difusión ao espazo de ondas de radio que son producidas e transmitidas dende un punto emisor a outro receptor e coas características principais enumeradas a continuación: • Información que, de chegar á persoa receptora, faino de forma inmediata (á velocidade da luz). • A transmisión perde calidade cando atopa obstáculos no seu camiño, que ás veces poden chegar a impedir a recepción. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A AS COMUNICACIÓNS NO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS

63

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement