Page 56

TEMA

II

Cando o helicóptero coa brigada helitransportada chegue ao lume, o procedemento será: O helicóptero, coa súa brigada dirixirase ao CCP, pola canle provincial, confirmando ou non a existencia de lume. En caso afirmativo, despois de realizar unha inspección rápida fai unha breve avaliación do lume e dos riscos asociados que leva consigo. O CCP comunicará de forma inmediata ao CCD a existencia de lume, así como, a información facilitada polo técnico do helicóptero. b) Brigada de extinción Avisado polo CCD, este comunicaralle: Localización do lume (concello, parroquia e lugar), canle de comunicación e nome do director de extinción (sempre e cando haxa DE nomeado). Estudará o itinerario máis axeitado. No caso de ser o primeiro medio en chegar ao lume, fará unha inspección rápida e unha avaliación da emerxencia e dos riscos que leva asociados, comunicándoo ao CCD Pide canle de extinción (símplex), procedendo a actuar no lume, coa súa brigada. c) Vehículo autobomba O CCD, comunicaralle: Localización do lume (concello, parroquia e lugar), canle de comunicación e nome do director de extinción (sempre e cando haxa DE nomeado). Estudará o itinerario e posibles puntos de auga na zona de intervención. Informará ao CCD da súa chegada, e poñerase á disposición do DE, ou dos medios que estableza o CCD, pasando a radio á canle que corresponda. d) Calquera outro medio Avisado polo CCD, comunicaráselle: Localización do lume (concello, parroquia e lugar), canle de comunicación e nome do director de extinción Poñerase á disposición do DE, ou dos medios que lle asigne o CCD, pola canle correspondente.

58

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement