Page 50

TEMA

II

• A súa misión principal é o manexo de maquinaria pesada na defensa contra incendios forestais. • Deberá coñecer e seguir as normas de seguridade e prevención de riscos laborais, en especial as concernentes ao uso da maquinaria pesada.

Procedemento operativo Establécese o procedemento operativo de resposta ás emerxencias por incendios forestais, entendido como a secuencia de actuacións que se deberán seguir con carácter xeral ante o aviso da existencia de tal emerxencia, e que comprende as fases de recepción e confirmación da alarma, información, seguimento e, se é o caso, a activación de medios, tanto de extinción coma de seguridade, sanitarios e de atención da emerxencia. Establecerase un procedemento operativo xenérico, dende a detección dunha alarma ata a extinción do lume.

Procedemento operativo xenérico A) Detección

O procedemento operativo que se vai seguir durante a detección dun lume determinarase como segue:

Por un posto de vixilancia fixo (pasos que se van seguir)

O procedemento que se vai seguir establécese deseguido: Descubrimento de fume ou lume. Localización: Situación do posible lume no plano e referencialo. Transmisión: Comunicarase ao CCD, pola rede de radio, a existencia do lume. Farase unha primeira avaliación da importancia do lume, achegando toda información relevante (tipo de combustible, tipo de fume, posibles accesos, infraestruturas de defensa utilizables, etc.). Se o CCD non está activado, a transmisión farase ao Centro de Coordinación Provincial (en adiante CCP).

52

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement