Page 49

II

TEMA

• Rexistrará as mensaxes recibidas e emitidas. • Transmitirá as ordes da xefatura provincial ao Centro de Coordinación de Distrito Forestal. • Comunicará aos responsables da coordinación de medios a información de importancia de cara ao operativo do ámbito territorial ao que corresponda. • Coñecemento da rede de transmisións. • Coñecemento da emisora e o seu manexo. Deberá ter coñecemento do manexo básico do ordenador para substituír o operador en caso de necesidade. • Segundo as situacións de risco, poderá ser destinado para realizar outras funcións administrativas vinculadas á defensa contra incendios forestais. • Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción coma no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 29 de decembro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000).

Operador-codificador do SPDCIF Misións En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal: • Manterá actualizados os datos sobre: • Persoal. • Medios. • Incidencias e resultados dos lumes. • Interpreta e desenvolve as instrucións e ordes tendentes á execución dos sistemas operativos dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. • Cando as circunstancias o requiran, poderá ser dedicado a outras funcións administrativas vinculadas á defensa contra incendios forestais. • Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción coma no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 29 de decembro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000).

Operador de maquinaria pesada Misións En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal: M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

51

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement