Page 47

II

TEMA

• Terá coñecemento completo dos vehículos motobomba e tractor e, en xeral, dos tipos de vehículos motobombas e de bombas, polo menos as do seu distrito. • Práctica no manexo do vehículo motobomba. • Práctica no manexo do tractor, rozadoira e folla. • Coñecemento e práctica do tendido de mangueira. • Será responsable da operatividade dos vehículos motobombas e tractor. • Coñecerá o manexo da emisora vehicular (mobilófono) e do portófono. • Coñecerá os sinais manuais para vehículos motobomba. • Coñecerá e cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos laborais, en especial as referentes ao vehículo motobomba e uso do tractor. • Coñecemento de lectura de plano e localización de puntos neste. • Facilitará mensualmente ao Centro de Coordinación de Distrito Forestal a relación das intervencións levadas a cabo. • Poderá participar na construción da liña de defensa segundo as directrices do director de extinción. • Coñecemento de manexo de aditivos e dosificación destes. • Terá sempre preparado o vehículo, recargado de auga e combustible. • Poderá levar a cabo as obras de construción, mellora e mantemento de infraestruturas vinculadas á defensa contra incendios, manexando para tal fin a maquinaria que demanden as referidas tarefas. • Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción coma no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 29 de decembro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000).

Vixilante fixo do SPDCIF Misións En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal: • Observará o campo para a localización de posibles focos de lume, situaraos e transmitiraos ao CCD ou, no seu defecto, ao CCP • Coñecemento da emisora e o seu manexo, de acordo coas normas establecidas para a transmisión. • Colaborará na transmisión de mensaxes. • Informará ao CCP ou CCD de calquera incidencia que puidese ocorrer no seu contorno.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

49

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement