Page 46

TEMA

II

• Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios. • Substituirá o xefe de brigada en caso de ausencia. • Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción coma no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 29 de decembro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000).

Peón do SPDCIF Misións En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal terá: • Coñecemento básico da loita contra incendios forestais. • Coñecemento xeral dos medios que usa a brigada. • Coñecemento e práctica nunha ou dúas especialidades elementais (mochilas de extinción, extintor de explosión, retardantes, motoserra, rozadoira, etc.). • Ocuparase de levar a cabo as obras de construción, mellora e mantemento de infraestruturas da defensa contra os incendios. • Segundo as necesidades do servizo, en ausencia do peón condutor e o xefe de brigada e con autorización do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, poderá conducir os vehículos dedicados ao transporte das brigadas e materiais do servizo. • Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios. • Auxiliará o condutor de motobomba se fose necesario. • En todo caso obedecerá as ordes do xefe de brigada. • Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción coma no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 29 de decembro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000).

Condutor de motobomba do SPDCIF Misións En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal: • Terá coñecemento básico da loita contra incendios forestais e xeral dos medios que se empregan nesta.

48

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement