Page 45

II

TEMA

• Estibará axeitadamente o material de extinción no vehículo, efectuando un reconto ao rematar cada extinción e solicitando á xefatura de distrito a reposición do deteriorado unha vez rematada a xornada. • Constituirase en director de extinción cando actúe illadamente a brigada ou o binomio brigada-vehículo motobomba. • Nos casos nos que a brigada sexa helitransportada, responsabilizarase de que o embarque, estiba do material e o desembarco se efectúe de acordo coas normas establecidas. • Vixiará o estado físico e anímico dos seus homes. • Deberá saber ler o plano e localizar o punto de actuación. • Facilitará semanalmente á xefatura, ou ao Centro de Coordinación de Distrito Forestal, a relación das intervencións levadas a cabo. • Todos aqueles outros relacionados coa prevención, detección e extinción de incendios forestais. • Realizará os labores silvícolas e ambientais encomendados. • Será o responsable da correcta execución das tarefas asignadas polo director de extinción no saneamento e remate dos lumes por parte da súa brigada. • Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción coma no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 29 de decembro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000).

Peón condutor do SPDCIF Misións En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal terá: • Coñecemento básico da loita contra os incendios forestais. • Coñecemento xeral dos medios que usa a brigada. • Coñecemento e práctica nunha ou dúas especialidades elementais (mochilas de extinción, extintor de explosión, retardantes, motoserra, rozadoira, etc.). • En todo caso obedecerá as ordes do xefe de brigada. • Ocuparase de levar a cabo as obras de construción, mellora e mantemento de infraestruturas da defensa contra incendios. • Conducirá os vehículos dedicados ao transporte das brigadas e materiais do servizo. • Manexará o portófono.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

47

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement