Page 41

II

TEMA

• Executará os plans de educación ambiental e de concienciación á poboación. • Dirixirá as accións para acadar os obxectivos do SPDCIF • Impulsará e fomentará a colaboración coas entidades locais. • Poderá erixirse en director de extinción dun incendio cando o estime oportuno ou ben cando se lle ordene pola superioridade. • Manterá contactos con comunidades de montes veciñais en man común, asociacións gandeiras e agrarias, sociedades de caza e demais axentes sociais. • Planificará, dirixirá e inspeccionará as queimas controladas. • Nas épocas de perigo de incendios actuará como técnico de garda dirixindo as accións de extinción no distrito, e informará ao xefe da garda das novidades que se produzan.

Técnico de base aérea Misións • Farase cargo de todos os medios humanos e materiais postos á súa disposición. • Será o responsable do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais. • Solicitará ao comandante da aeronave información sobre se esta se atopa operativa para o servizo. • Solicitará ao comandante da aeronave información sobre o remanente de combustible na base. • Comprobará (na base de avións lixeiros) a cantidade de auga existente no depósito e, se procede, estado da estación de mestura de retardante así como cantidade remanente deste. • Cando a aeronave deba engalar para a extinción daralle información da cuadrícula, folla, nome do punto máis próximo ao lume, punto de carga de auga máis próximo e, se é posible, coordenadas do punto central da cuadrícula. • Notificará a engalaxe da aeronave ao Centro de Coordinación Provincial. • Comprobará os tempos empregados na misión. • Anotará todas as novidades no libro diario da base. • Remitirase en todo ao MANUAL DE OPERACIÓNS DE MEDIOS AÉREOS.

Axente territorial Misións En materia de defensa contra incendios forestais: • Auxiliará ao técnico de distrito nos traballos e actuación no territorio.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

43

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement