Page 40

TEMA

II

Misións En materia de defensa contra incendios forestais dentro do distrito: • Será o máximo responsable da defensa contra incendios forestais no seu ámbito territorial. • Dirixirá as accións no seu distrito tendentes a acadar os obxectivos marcados pola Xefatura Provincial do SPDCIF • Impulsará e fomentará a colaboración das entidades locais do distrito. • Manterá contactos con comunidades de montes veciñais en man común, asociacións gandeiras e agrarias, sociedades de caza e demais axentes sociais que existan no seu distrito. • Dirixirá os plans de educación ambiental e de concienciación da poboación sobre o uso do lume e os efectos sobre o medio natural. Prestará especial atención á poboación escolar. • Controlará que os permisos, licenzas, quendas, etc. do persoal asignado ao seu distrito, sexa o axeitado en cada momento. • Asegurarase que o persoal asignado coñeza e realice as funcións encomendadas. • O xefe de distrito, nas épocas de perigo de incendios, será o xefe da garda do distrito. • É o responsable da elaboración dos plans de prevención e defensa contra incendios forestais do seu distrito. A realización deses plans é obrigatoria. Para a elaboración dos diferentes plans, así como para o cumprimento dos obxectivos na defensa contra incendios forestais, cada distrito deberá ter confeccionado e posto ao día, polo menos, o contido mínimo do Plan de prevención do distrito e as fichas correspondentes.

Técnico de Distrito Misións En materia de defensa contra incendios forestais dentro da demarcación ou territorio que se lle asigne polo xefe de distrito forestal: • Levará a cabo todas aquelas tarefas que lle veñan asignadas polo PLADIGA, xefe provincial e xefe de distrito forestal. • Auxiliará en todos os cometidos ao xefe de distrito forestal. • Farase cargo de todos os medios humanos e materiais postos á súa disposición. • Apoia ao xefe de distrito na elaboración dos plans de defensa do distrito forestal. • Será o responsable de calcular o índice de perigo. • Levará a cabo a inspección e control dos medios que son obxecto de convenio ou subvencionados.

42

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement