Page 33

II

TEMA

Épocas de perigo No artigo 9 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza exponse que a consellaría con competencia en materia forestal establecerá as distintas épocas de perigo. Estas épocas son as seguintes:

Época de perigo alto: Na que o despregue dos medios de extinción e alertas deberán ser os máximos, en función da avaliación do risco e a vulnerabilidade. Poderá considerarse igualmente época de máximo perigo, aqueloutros períodos do ano no que as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios. Considerarase, de forma xeral, época de perigo alto os meses de xullo, agosto e setembro, nos que se aplicarán as medidas fixadas na Resolución da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, do 27 de xaneiro de 2005, para a prevención de incendios forestais.

Época de perigo medio: Na que os medios de detección e extinción permanecerán en alerta cun despregue reducido. Aplicaranse medidas restritivas para o uso do lume en terreos forestais ou agrícolas. A época de perigo medio comprende, con carácter xeral, os meses de marzo, abril, maio, xuño e outubro, aínda que calquera destes meses pode pasar a formar parte doutra época de perigo distinta cando as circunstancias así o requiran.

Época de perigo baixo: Aquela na que non é preciso adoptar precaucións especiais e o despregue de medios será o adecuado ao nivel de risco previsto nas diferentes zonas. Con carácter xeral, comprende os meses de xaneiro, febreiro, novembro e decembro. Ao igual que no caso anterior, calquera destes meses pode pasar a formar parte doutra época de perigo distinta á fixada cando as circunstancias así o requiran. En calquera destas épocas deberase considerar a posibilidade de situacións especiais, a nivel de distrito, provincial ou autonómico, derivadas das condicións meteorolóxicas, ou doutras circunstancias agravantes do risco, que obriguen a intensificar a vixilancia preventiva e a un aumento da utilización dos medios. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A PLADIGA

35

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement