Page 205

TEMA

IX

to que leva a auga até a boca, tendo a vantaxe de facilitar o transporte aínda tendo maior capacidade (2 litros).

Equipo autónomo de osíxeno Aparello destinado a subministrar osíxeno en casos extremos ás persoas que sufriron intoxicacións graves ou golpes que lle dificulten a respiración. Teñen un adaptador facial de material flexible, suave, inodoro e antialérxico, que cobre a zona buconasal. Leva unha bombona de osíxeno de forma cilíndrica coa capacidade suficiente para subministrar osíxeno durante uns 15 minutos como mínimo. Será dun só uso e levarase en todos os vehículos motobomba e de transporte de persoal.

Lanterna Deberá ser autoportable con elementos de ancoraxe ou suxeición para facilitar os desprazamentos e os labores de extinción dispoñendo de ambas as dúas mans. Recomendable de tipo frontal que se poida axustar ao casco. Elemento imprescindible para posibilitar os desprazamentos polo monte durante a noite.

208

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement