Page 204

IX

TEMA

Caixa de primeiros auxilios persoal Pequena caixa de primeiros auxilios persoal que debería ter cada compoñente das cuadrillas contra incendios. Débese poder axustar ao cinto mediante unha presilla, unida a unha funda de características ignífugas. Deberá estar composto daqueles elementos e substancias de uso máis frecuente para unha primeira cura de emerxencia sobre o terreo. Tamén é recomendable que forme parte desta caixa de primeiros auxilios unha manta de aluminio.

Caixa de primeiros auxilios Trataríase dun caixa de primeiros auxilios mellor equipada para ter nos vehículos a modo de maletín ríxido con sistema de peche rápido onde se introducen todos os produtos para realizar unha cura de emerxencia. Dispón dunha asa para o transporte. A caixa de primeiros auxilios forma parte dos vehículos motobomba, de transporte de persoal, dos puntos fixos de vixilancia, bases, etc.

Cantimplora Consistirá nun recipiente de material resistente a impactos e altas temperaturas, cunha capacidade aproximada de 1 litro, que deben portar todos os compoñentes das cuadrillas de extinción para uso persoal, para levar auga ou bebidas isotónicas. Sería interesante incorporar, polo menos a modo de proba, cantimploras flexibles que van colocadas ás costas (tipo Camel-back) e que están equipadas cun manguiM A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

207

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement