Page 203

TEMA

IX

• En lugar de lingüeta levarán carteira. • Talón, punteira e zonas que soporten maiores esforzos, reforzados e cosidos con fío de gran resistencia e dobre puntada.

Riscos dos que protexe

• Caídas ao mesmo ou a distinto nivel cando camiñamos por unha liña de defensa, monte a través, subimos ou baixamos do vehículo, rochas, etc. • Protéxenos contra pequenos golpes e cortes que se poden producir coas ferramentas. • Protéxenos a pel da calor irradiada polo chan cando estamos pisando na zona queimada, cando hai pouco que pasou o lume e onde hai brasas. Mantemento

• Ventilalas despois de empregalas. • Limpalas quitándolle o barro do coiro e da sola. • Darlle betume periodicamente. • Secalas á sombra cando se mollen.

2.3. EQUIPOS COMPLEMENTARIOS Ao non formar parte do EPI, pois non van protexer o persoal de ningún risco, non son obrigatorios e non teñen que estar certificados.

Cinto Deberá estar confeccionado con tecido forte e resistente, tipo lona ou similar, cun grosor aproximado de 4 mm, con sistema de regulación en lonxitude e con peche con dispositivo rápido. Dado que a súa función será a de soporte doutros equipos, deberá permitir o seu enganche por medio de diferentes sistemas como mosquetón, presilla, etc., polo que terá que ter o ancho axeitado para permitir o paso das presillas e ter sistema de enganche para os mosquetóns (anelas, buratos, etc.).

206

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement