Page 202

IX

TEMA

• Dedos cubertos individualmente, nunca manoplas, con reforzo sobre os cotobelos. • Serán de cor amarela e terán un mosquetón para o seu transporte.

Riscos dos que protexe

• Contra rozaduras, cortes, pinzamentos, etc. no manexo das ferramentas ou ao caer ao chan. • Contra a calor, ao coller ou tocar algunha rama, pedra, etc. Mantemento

• Comprobar o seu estado, costuras, mosquetón, etc. • No caso dun descosido, reparalo con fío de algodón. • Cando se mollen e se embarren deberase quitarlle o barro e limpalas e secalas á sombra. Se secan ao sol, a pel quedará ríxida e acartonada. Normas mínimas de protección

EPI de categoría 2 que cumpra con, polo menos, as seguintes normas de protección EN-420 e EN-388 (riscos mecánicos): • Resistencia á abrasión. • Resistencia ao corte. • Resistencia á esgazadura. • Resistencia á penetración. 2.2.6. BOTAS Descrición

• De coiro, axustadas ao nocello e de media caña. • Cordóns ignífugos ou resistentes a altas temperaturas. • Sola de caucho, non de goma, cosida ou vulcanizada de gran resistencia e con tacos prismáticos antiesvarantes. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

205

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement