Page 201

TEMA

IX

Riscos dos que protexe

• Protexer a pel do exceso de calor no caso de que se nos acheguen as lapas impulsadas polo vento, ou porque teñamos que cruzar a fronte durante un tempo limitado. Se expoñemos o traxe a unha lapa durante un certo tempo, este remata ardendo, non debendo pensar que o traxe ignífugo protexe permanentemente contra a calor. • Tamén se a calor radiante é excesiva o tecido non poderá resistir. • Protexe tamén contra a caída de muxicas. Mantemento

• Débese empregar pechado completamente, coas mangas estendidas, os pulsos pechados e abotoados os botóns ou cremalleira do peito. De nada nos serve o traxe ignífugo se o levamos aberto. • Débese manter limpo sobre todo de resina, que contrarresta as propiedades ignífugas. • Débese lavar seguindo as instrucións que marca o fabricante e que aparezan na etiqueta, prescindindo de usar lixivia, nin usar deterxentes que conteñan branqueadores, nin axentes oxidantes. Non se debe lavar con outras prendas que teñan graxas, aceites ou outros materiais inflamables. • Revisar que non teña roturas e se se producen, coselas con fío ignífugo (de nómex, por exemplo). Normas mínimas de protección

• EPI de categoría 2, risco 6, calor e lapas. • Que cumpra polo menos as seguintes normas: ✜

EN-320, EN-366, EN-367, prEN-532, prEN-531 e ISO-4674.

2.2.5. LUVAS Descrición

• Deben estar confeccionadas en coiro resistente e que cubran un terzo do antebrazo. Suaves ao tacto e de gran flexibilidade. • Deben estar cosidas con fío de gran resistencia, con dobre puntada en zonas de maiores esforzos. • O interior debe estar formado por tecido suave ao tacto, que pode ser algodón ou tecido ignífugo.

204

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement