Page 200

IX

TEMA

• Debemos probar a máscara e comprobar que nos permite respirar con suficiencia. Se temos dificultades débense cambiar os filtros e revisar as válvulas. • Debemos axustar perfectamente a máscara, que peche ben a zona do nariz. Normas mínimas de protección

• Rosca normalizada EN-148, outros tipos de rosca ESP. • Especificará material básico empregado: Hycar, silicona, neopreno, etc. • Se existen varios tamaños P, M, G ou tamaño único (STD). • Indicarase o tipo de adaptador facial e tipo de máscara. • Filtro para partículas EN-143, cor branca. • Filtro para gases EN-141, cor marrón. • Diferenciando a clase: baixa, media ou alta capacidade (1, 2, 3). 2.2.4. TRAXE IGNÍFUGO Descrición

Pode ser dunha soa peza, mono ignífugo que proporciona maior protección, ou de dúas pezas, que é máis cómodo, de cor vistosa (amarela ou laranxa). Consiste nunha prenda que nos protexe a pel do corpo (tronco, brazos e pernas) da calor radiante, así como das muxicas. Debe ser sinxelo é confeccionado en tecido con tratamento ignífugo, que non faga lapas cando estas entren en contacto co traxe. Un complemento do traxe en si e o chamado cobrecalugas que irá colocado na parte posterior do casco, caendo sobre ombros e cubrindo a caluga e o pescozo, confeccionado co mesmo tecido que o traxe.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

203

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement