Page 199

TEMA

IX

do que protexe e non doutro tipo de gases, portando para isto un ou dous filtros de partículas sólidas. A máscara está formada polos seguintes elementos: Corpo da máscara: peza de goma ou de silicona, que se coloca na cara cubrindo a boca e o nariz. Banda de fixación elástica: cintas que circundan a caluga, que serven para axustar a máscara á boca, facilmente regulables. Válvulas: a máscara ten unha ou dúas válvulas de membrana, de inhalación e outras tantas de exhalación. Filtro: é un elemento activo, xa que nel se deteñen as partículas sólidas. É dunha superficie de material poroso, filtrante, recollido dentro dunha carcasa. Cada máscara adoita incorporar entre un e dous filtros. * É recomendable que veña provisto de funda.

Risco do que protexe

Protexe do exceso de fume, o cal non quere dicir que sirvan para traballar nun ambiente con fume, senón para saír dunha zona que se encha de fume de xeito imprevisto. Non se debe traballar con ela posta, xa que o seu uso dificulta a respiración, altera a cantidade de aire que inspiramos e obriga a un esforzo adicional ao corazón que nos pode perxudicar.

Mantemento

• Manter limpa a carcasa cun pano húmido. • Revisar as lamas que pechan as válvulas. Comprobar que non están dobradas, e en caso de ser así substituír a carcasa. • Cambiar os filtros cando cumpran o tempo de vida útil. Os filtros acumulan partículas segundo se usan e rematan colapsándose.

202

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement