Page 198

IX

TEMA

* É recomendable que teñan unha funda de transporte.

Riscos dos que protexe

• Protexe os ollos contra o impacto de partículas pequenas que se poden desprender no uso das ferramentas mecánicas, etc. • Protexe do po e de pequenas partículas lanzadas polo efecto dos helicópteros, remuíños, etc. • Protexe os ollos contra a irritación producida polo fume cando este invade de xeito inesperado a área na que estamos, xa que nos proporciona un espazo xunto aos ollos cunha menor proporción de fume. Mantemento

• Manter en lugar limpo e seco. • Limpar cun pano húmido, non facelo en seco. • Comprobar que a cinta cinga ben as lentes e que a montura se axuste ben ao contorno da cara. • Comprobar que a montura ou o ocular non estean deformados pola calor. Normas mínimas de protección

• Clase óptica do ocular nivel 1, 2, 3. • Marcas ocular 1, B, N (nivel, alta velocidade, impacto, abafamento). • Marcas montura b, 3, 4 (resistencia ao impacto, líquidos, partículas). 2.2.3. MÁSCARA CON FILTROS Descrición

Consiste nun adaptador facial formado por material de tacto suave, flexible, inodoro e antialérxico, cubrindo só a zona buconasal que protexe as vías respiratorias do ambiente no que traballamos cando existe un exceso de fume, xa que é M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

201

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement