Page 197

TEMA

IX

Riscos dos que protexe

• Protexe contra pequenos golpes na cabeza, producidos por ramas, piñas, pequenas pedras lanzadas polo efecto dos helicópteros, etc. • Tamén non protexe contra rozaduras e outras feridas ao movernos entre o mato e as ramas, etc. • Protexe tamén a cabeza en caso de caída. Mantemento

• Debe evitarse que reciba golpes. • Non se lle debe facer buratos, xa que perde o efecto protector e a homologación. • Débese comprobar periodicamente que non ten fisuras, etc. Se existen débese cambiar. • Débese lavar por dentro e por fóra. • Débese revisar o arnés e se está deteriorado débese cambiar. O mesmo coa zona frontal acolchada e co barboqueixo. Normas mínimas de protección.

• EN-397, cascos industriais de seguridade. • Talla universal U. • Resistencia moi alta á temperatura (ensaio 150º). • Illamento eléctrico. • Sen deformación lateral. • Arnés EN-361.

2.2.2. LENTES DE PROTECCIÓN Descrición

Consiste nun ocular cunha montura que se engancha ao caso ou á cabeza por medio dunha cinta elástica. Están compostas de materiais ignífugos, sen deformacións permanentes a temperaturas próximas aos 100ºC. Consta de tres partes: Ocular: visor constituído por un só ocular plano, panorámico que abrangue o campo visual de ambos os dous ollos, con gran resistencia ao impacto, ao raiado, ao abafado e ás deformacións térmicas. Montura: transparente e incolora, de alta flexibilidade, perfectamente adaptable ao rostro. Banda de fixación elástica: facilmente regulable, que permite a adaptación perfecta ao rostro e á cabeza ou ao casco.

200

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement