Page 196

IX

TEMA

Este equipo ten que cumprir os seguintes obxectivos: • Axudar a corrixir ou limitar os defectos dun risco determinado. • Ser robusto e duradeiro. • Permitir ao persoal desenvolver e traballar coa maior comodidade posible. O EPI protéxenos dende a cabeza até os pés e, por suposto, é obrigatorio o seu uso. Ademais, de nada serve ter un EPI se non se usa cando é necesario. Por esta razón debemos coñecer cal é o equipo que temos, de que risco nos protexe e como se usa. É necesario tamén que saibamos que o EPI non é un seguro de vida e que a única maneira de garantir a nosa seguridade é seguir as normas de prevención, prestar especial atención aos factores de risco e recoñecer as situacións nas que o risco aumenta. Finalmente, os EPI hai que mantelos limpos e en perfecto estado de uso. Seguindo de maneira continuada dende a cabeza até os pés, os elementos que integran o EPI empregado na loita contra incendios forestais son:

2.2.1. O CASCO DE PROTECCIÓN Descrición

Consta de tres partes que se poden desmontar e cambiar: Casquete: de material duro non metálico, normalmente plástico, de superficie lisa, con ou sen nervaduras, e cunha rañura lonxitudinal na parte inferior para fixar a banda das lentes. Arnés: conxunto de cintas que serven para cinguir o casco á cabeza. Na zona frontal ten unha zona acolchada ou casquete a través de catro puntos de fixación e equipado dunhas bandas de amortecemento en forma de x e sistema de regulación perimetral situado na parte traseira. Barboqueixo: cinta que, enganchada ao casco, pasa por abaixo da queixada, mantendo o casco na cabeza a pesar dos movementos desta, debendo ser regulable e de fácil e rápida adaptación.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

199

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement