Page 195

TEMA

IX

Por todo isto a seguridade require unha gran atención, deseñando equipos de protección axeitados, investigando as situacións de risco e a prevención de accidentes, seleccionando o persoal contra incendios para rematar formándoo adecuadamente.

2. OS EQUIPAMENTOS DE SEGURIDADE NA LOITA CONTRA INCENDIOS 2.1. EQUIPOS DE SEGURIDADE PERSOAL Para a mellor realización do traballo e, o que é máis importante, para que se faga de xeito máis seguro, ademais de empregar ferramentas e útiles especificamente deseñados ou válidos para as tarefas que se van desenvolver, senón que ademais débese dispor dun equipo de seguridade persoal axeitado ás especiais condicións de traballo. Estes equipos están formados polos diferentes elementos que empregan todas as persoas do dispositivo e que están destinados a eliminar ou, cando menos, mitigar os riscos no traballo. Dada a gran cantidade de materiais deste tipo existentes, moitos deles non específicos para este fin, determinouse a necesidade de normalizalos e homologalos, para o que se tiveron en conta os seguintes factores: • Risco persoal que hai que evitar ou mitigar con estas medidas. • Medio no que se desenvolve o incendio. • Variables meteorolóxicas extremas que inciden no comportamento do lume. • Máxima comodidade dos equipos de protección, tanto para traballar coma para empregar nos desprazamentos polo monte e incluso ao ter que fuxir. Os equipos de seguridade dividímolos en dous grupos: Equipos de protección individual (EPI): que protexen o persoal de riscos propios do incendio. Deberán empregarse sempre polas persoas que participen na extinción dos incendios forestais. Equipos complementarios: son equipos de diferente tipo que serven para facilitar o transporte dos EPI, útiles para tratar accidentes (caixas de primeiros auxilios), axudas materiais e técnicas para desenvolver o seu traballo de maneira efectiva e cómoda, etc.

2.2. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL Entenderase por equipo de protección individual (EPI) calquera equipo destinado a levar ou suxeitar o traballador para que o protexa dun ou de varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade ou a súa saúde, así coma calquera complemento ou accesorio destinado para tal fin.

198

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement