Page 194

IX SEGURIDADE E HIXIENE

TEMA

1. INTRODUCIÓN Os incendios forestais entrañan risco para as persoas. Este riscos pode ser de dous tipos: • O risco que afecta as persoas que se atopan no monte ou proximidades (excursionistas, cazadores, agricultores, silvicultores, etc.) e que son alcanzados polo incendio cando escapan, ou xente que vive en núcleos preto do monte. • O risco que afecta as persoas que interveñen na extinción de incendios e que, polo tanto, non foxen del senón que o atacan. No primeiro caso o risco, a priori, é de menor magnitude que o segundo, ou polo menos de menor frecuencia, aínda que non se pode descartar aínda máis coa situación de perigo na que se atopan moitos núcleos rurais, pero en todo caso este é un problema que hai que tratar á parte e ademais é competencia, en principio, doutro dispositivo. O risco que ameaza o persoal do dispositivo contraincendios é moi importante e ademais moi frecuente, como consecuencia das condicións nas que desenvolve o seu traballo: • Nun ambiente de excitación, nerviosismo, etc., sen que o combate do lume estea sempre ben organizado, debendo tomarse decisións rápidas e sen dispor de información suficiente moitas veces. • No medio do monte, entre matogueiras e arboredo. • Con frecuencia na escuridade da noite e sen coñecer o terreo. • A maioría no verán, cando se suma a calor propia da estación coa que desprende o incendio. • As dificultades da orografía do terreo (pendente, rochosidade, irregularidades, etc.). • Empregando ferramentas e máquinas que encerran perigo no seu manexo e no desprazamento. • Percorrido en vehículos por estradas e pistas perigosas. • En calquera caso o risco do propio lume, que pode alcanzar ás persoas do dispositivo contra incendios. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A SEGURIDADE E HIXIENE

197

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement