Page 190

VIII

TEMA

5.5. LANZAS A lanza é un aparello que se axusta ao extremo dun tendido de mangueira que ten como función aplicar a auga a través dunha peza terminal chamada boquilla, cunhas rañuras calibradas segundo o tipo de aplicación (chorro pleno ou pulverización). Estas lanzas deben estar provistas de válvula de peche, para poder aforrar ao máximo a auga, e debe posibilitar elixir entre o chorro pleno ou a pulverización. Os alcances máximos en chorro pleno conséguense cun ángulo de elevación de 32º; no caso da pulverización, o alcance é moi curto, chegando a uns 4 m. As lanzas producen un efecto de retroceso continuado e aumenta en relación ao aumento da presión de impulsión e ao aumento do diámetro da boquilla.

5.6. CÁCULO DE TENDIDOS Durante a impulsión a través de tendidos de mangueira existen varios factores que inflúen esencialmente sobre ela: • Altura de aspiración. • Altura de impulsión. • Perda de carga. • Presión en lanza. • Presión en bomba. Altura de aspiración É a diferenza de nivel en metros entre o eixe da bomba e a superficie da auga. • Na aspiración a bomba crea un baleiro parcial do mangote, de modo que a presión atmosférica empuxa a auga a través deste, até a bomba. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

193

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement