Page 189

TEMA

VIII

5.3. PRESIÓNS DE TRABALLO Cando sometemos a un conduto como unha mangueira a unha presión interior, prodúcense uns esforzos que tenden a dilatala de tal xeito que se a tensión é superior á resistencia do material, prodúcese unha rotura da parede da mangueira. No caso das mangueiras que, como xa dixemos, se empregan nestes traballos, as presións máximas recomendables para o seu uso (de novas) son as seguintes, en función do seu diámetro: • Mangueiras de 25 mm de diámetro ......... 30 atmosferas • Mangueiras de 45 mm de diámetro ......... 20 atmosferas • Mangueiras de 70 mm de diámetro ......... 18 atmosferas Traballar por enriba destas presións podería producir roturas nos tendidos.

5.4. RACORES Os racores son pezas metálicas que teñen por obxecto a interconexión dos diferentes tramos de mangueira. Existen diferentes tipos, pero actualmente está normalizado o tipo Barcelona (TB), o cal permite que as mangueiras dun vehículo sirvan para outros coa conseguinte vantaxe: este sistema de racores é moi axeitado, dado que o axuste dunhas mangueiras con outras ou estas coas lanzas, bifurcacións, reducións, etc., faise axiña e sen necesidade de ferramentas ou chaves, son de reducido tamaño e de gran estanquidade polo deseño das súas xuntas, e moi lixeiras, ao empregar aluminio na construción e resistencia á corrosión ao ir anodizadas.

192

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement