Page 188

VIII

TEMA

Mangueira impermeable (seca): con cuberta exterior, normalmente de cor vermella ou amarela; é moi resistente á abrasión e a putrefacción por fungos, con reducida perda de carga, mantendo a flexibilidade aínda que estea mollada. Non é moi resistente ao efecto das chispas ou muxicas que poidan estar en contacto con ela. Mangueira semipermeable (húmida): provista soamente de cuberta interior, é normalmente de cor branca, pouco resistente á abrasión e as putrefaccións por fungos, con perda de carga superior á anterior, volvéndose ríxida cando está mollada. É máis resistente que a seca ao efecto de chispas e muxicas, debido á lixeira exsudación que se produce ao entrar en carga. Mangueira semirríxida Conduto flexible impermeable, non colapsable, de sección circular, consistente nunha ou varias armazóns téxtiles embebidas nun elastómero. Emprégase basicamente en tendidos fixos (carretes de primeiro socorro) normalmente enrolados ou recollidos nun carrete, de xeito que se poida empregar sen necesidade de desenrolarse totalmente.

5.2. DIMENSIÓNS DAS MANGUEIRAS En mangueiras de uso forestal existen fundamentalmente tres diámetros interiores coas respectivas lonxitudes: • Mangueiras de 25 mm de diámetro e 20 m de longo. • Mangueiras de 45 mm de diámetro e 15 m de longo. • Mangueiras de 70 mm de diámetro e 15 m de longo. A mangueira de 70 mm apenas se emprega, sendo sobre todo a mangueira de 25 mm de diámetro, pero tamén a de 45, as que constitúen a base dos tendidos na loita contra os incendios forestais.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

191

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement