Page 186

VIII

TEMA

4.2. RETARDANTES DE LONGO PRAZO O concentrado que se mestura coa auga normalmente está constituído por sales amónicos do grupo dos sulfatos, fosfatos ou polifosfatos. A disolución acuosa resultante da mestura que se emprega na extinción mantén as súas propiedades unha vez evaporada a auga, motivo polo cal se consideran de longo prazo. A maiores deste concentrado, engádenselle outros aditivos na estación de mestura, e os máis importantes son: Viscosantes: co fin de conseguir a adherencia no combustible e que a descarga non se disperse. Colorantes: son imprescindibles na aplicación con medios aéreos para destacar a superficie tratada. Normalmente é de cor vermella, ben engadindo óxido de ferro á mestura ou incorporando no concentrado o colorante. Inhibidor de corrosión: son imprescindibles polo efecto corrosivo dos sales amónicos. O efecto extintor do retardante a longo prazo é o de atenuar a intensidade da fronte dun incendio, que cando chega ao combustible tratado, non só baixa a altura das lapas, senón que estas chegan a desaparecer se o combustible está mollado coa dosificación conveniente e a potencia calorífica non é moi alta. Incluso en incendios con fronte potente, a intensidade diminúe de tal xeito que pode permitir o emprego de medios en ataque directo na zona de combustible tratado.

4.3. UTILIZACIÓN DOS RETARDANTES Utilización nos de curto prazo Débense aplicar con anticipación á chegada do lume, co tempo xusto para permitir a penetración da auga nos combustibles, pero sen que o tempo transcorrido permita que se disperse e evapore. • En ataque directo aplicarase na base das lapas, cubrindo ben os materiais en ignición e mollando tamén os combustibles contiguos que non arden aínda. • En ataque indirecto débese ir aplicando por diante da persoa que está dando o contralume, e na marxe oposta, nunha anchura de dúas a tres veces a lonxitude das lapas. Empregaranse en todo tipo de medios, dende extintores de mochila até vehículos motobomba e medios aéreos.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

189

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement