Page 185

TEMA

VIII

Os diferentes espumóxenos que se comercializan para o seu emprego en incendios forestais son de tipo de deterxentes, pero especificamente fabricados para tratar o combustible forestal. Na terminoloxía dos incendios forestais distínguense: Espumóxeno: concentrado líquido de axente emulsor que é capaz de producir solucións espumantes xeradoras de espuma. Espumante: mestura de auga e espumóxeno, en proporción axeitada, que se obtén introducindo o espumóxeno de forma continua no fluxo de auga ou mediante a súa mestura nun tanque de almacenamento. Espuma: mestura de espumante e aire, formando un agregado estable de burbullas, que ao fluír libremente sobre a superficie da vexetación tratada forma unha capa resistente e continua que a illa do aire e impide a saída á atmosfera de gases volátiles combustibles. Normalmente, as dosificacións da mestura de espumóxeno coa auga, segundo medios, son: • En medios aéreos: do 0,4 ao 0,6 por 100. • En medios terrestres: do 0,5 ao 1 por 100. O efecto extintor da espuma é dobre: • Illa o combustible do aire pola capa resistente e continua das burbullas que cobren a vexetación tratada. • Mellor humectación da vexetación tratada, xa que a auga tensoactiva penetra mellor polos poros dos talos e das follas. É dicir, o combustible queda máis mollado e ademais conséguese con menor cantidade de auga. Canto a efectividade de tratar con auga e tratar con espuma, pode estimarse en aforrar, no caso de tratar con medios aéreos, da metade á cuarta parte dos voos.

Viscosante Son produtos que, mesturados coa auga, aumentan notablemente a súa viscosidade. Normalmente, os viscosantes que se incorporan ao concentrado de retardante son do tipo orgánico (polímeros), gomas e mucílagos, con dosificación baixa dun 0,5 por 100. Para a súa mestura necesítase un batido conveniente na piscina da estación, para conseguir unha viscosidade homoxénea. O efecto extintor dos viscosantes é o de producir unha maior viscosidade, reducindo deste xeito a dispersión e evaporación.

188

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement