Page 179

TEMA

VIII

Misións de extinción As posibilidades como medio de extinción que presentan os medios aéreos son múltiples: • Sufocación de lumes incipientes, ao chegar antes que os medios de terra. • Actuar en coordinación cos medios terrestres. • Botar auga en puntos perigosos para os medios de terra. • Combater focos secundarios ou de difícil acceso. • Lanzamento de auga nos lugares e co propósito requirido. A súa eficiencia variará segundo a distancia de aprovisionamento de auga.

Misións de transporte Estas misións realizaranse normalmente con helicópteros para o transporte de persoal e de material. Este tipo de misión é de gran efectividade, xa que depositan a xente ao lado do mesmo incendio pouco despois de detectalo, incluso en lugares onde por medios terrestres tardarían horas en chegar.

3.2. DIFERENTES TIPOS DE MEDIOS AÉREOS Avións anfibios Son avións de gran tamaño con capacidade de carga de entre 5.000 e 6.000 litros, e con base incondicional en aeroportos (en Galiza en Lavacolla).

CANADAIR

As grandes vantaxes son a escasa infraestrutura que precisan en terra e a súa capacidade para encher a cisterna en voo en zonas aptas para isto (lagos, encoros e no mar), pero teñen a limitación ao mesmo tempo da distancia a eses puntos de carga, que non debería superar os 50 Km, e da distancia á propia base por motivo da recarga.

182

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement