Page 178

VIII

TEMA

Con respecto ao tractor de rodas, o tractor de eirugas ou cadeas ten as vantaxes seguintes: • Maior potencia. • Maior capacidade de traballo. • Maior dureza. • Maior capacidade de tracción.

3. MEDIOS AÉREOS A utilización de medios aéreos supón unha serie de vantaxes nos labores de prevención e ataque, como son: • Rapidez no desprazamento. • Posibilitar o transporte de persoal, material e auga. • Facilidade condicionada para posicionarse sobre o lume. Pero ao mesmo tempo estes medios teñen as súas limitacións á hora de poder actuar, como son: • Posibilidade de actuar só de día. • Dependencia das condicións meteorolóxicas: • Vento. • Visibilidade. • Tormentas, etc. • Topografía. • Dispoñibilidade de auga. • Prezo, etc.

3.1. CAPACIDADE OPERATIVA DOS MEDIOS AÉREOS As principais misións que levan a cabo os medios aéreos son: Misións de vixilancia É un medio excelente para realizar misións de observación, xa que poden aumentar o radio de acción ascendendo (xeralmente aclarando a visión) ou reducilo descendendo (detallando, localizando e visualizando zonas ocultas aos medios clásicos de observación). O seu uso será variable en canto á frecuencia dependendo do índice de perigo existente e a dispoñibilidade de horas de voo.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

181

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement