Page 177

TEMA

VIII

Tiltdozer: ademais dos anteriores movementos, ten a posibilidade de subir ou baixar un dos extremos da coitela até uns 30 cm con respecto ao outro, permitíndolle atacar o terreo cunha esquina cando son moi duros.

Tipdozer: caracterízase por ter a maior capacidade de conferir á coitela un maior ou menor ángulo de ataque ao terreo, pois pode inclinala cara a adiante ou cara a atrás cando o traballo así o requira, cortando mellor canto máis vertical, os materiais compactos e inclinada cara a atrás empuxa mellor os materiais soltos e é a posición idónea para traballar en terreos brandos.

• Subsolador ou riper, colocado na parte traseira do tractor facilita e complementa o traballo da coitela ao ter a capacidade de esclarificar o solo e posibilitar o posterior arranque e empuxe da coitela, onde esta non é capaz por si soa.

O tractor de cadeas ou eirugas tamén pode ir equipado con moitos outros utensilios menos frecuentes, como pa cargadora, retroescavadora, cabrestante, coitela rozadoira, etc.

180

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement