Page 176

VIII

TEMA

O tractor de cadeas ou eirugas O tractor de cadeas ou eirugas emprégase para traballos semellantes aos descritos no tractor de rodas, pero que requiran maior capacidade de traballo e potencia, como será a apertura de devasas e vías forestais, no caso de traballos de prevención, e apertura de vereas e carreiros, no caso de traballos de ataque. O tractor de cadeas ou eirugas adoita ir equipado con: • Coitela empuxadora con diferentes posibilidades de movemento (buldozer, angledozer, tiltdozer e tipdozer), que nos serve para realizar traballos de escavación e explanación. ✜

Buldozer: é o tipo máis básico, cunha coitela recta ou curva, perpendicular ao eixe lonxitudinal do tractor e posúe só dous movementos: elevación e descenso da coitela, podendo fixala a distintas alturas con respecto ao terreo.

Angledozer: a súa principal diferenza co buldozer estriba no movemento angular da coitela con respecto ao eixe lonxitudinal do tractor, podendo situarse en diferentes posicións. Á parte disto, conserva os mesmos movementos do buldozer. Pódese empregar ademais de para empuxar, para escavar en camións a media ladeira, ao ir reencheando simultaneamente o terraplén co material do desmonte.

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

179

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement