Page 174

VIII

TEMA

Utilización Estes vehículos empréganse tanto en labores de prevención (queimas controladas) coma en labores de extinción (ataque directo e indirecto), sendo sen dúbida unha das ferramentas máis eficaces nas tarefas de extinción de incendios forestais. Nestes vehículos, á auga pódenselle engadir produtos químicos retardantes. Moi importante no uso destes vehículos é ir comprobando por onde van pasar para prever se vai ser posible o seu acceso ou se é preciso tomar algunha precaución ou algún camiño alternativo, e unha vez instalado para realizar o ataque, ter tamén prevista unha saída de emerxencia, estacionando xa o vehículo en dirección a ela. A toma de auga farase tomando as debidas precaucións, como empregar sempre a alcachofa, manténdoa separada dos fondos do punto onde se carga. De cargala outro vehículo pola trapela superior, asegurarse da procedencia da auga e dos usos anteriores dese vehículo.

2.3. TRACTOR FORESTAL O tractor forestal é un vehículo todoterreo que emprega a enerxía mecánica subministrada polo motor para realizar traballos de remolque, arrastre e empuxe, e axudado tamén por outros mecanismos como a toma de forza e o sistema hidráulico, cos que efectúa outro tipo de traballos apropiados para labores de prevención e extinción de incendios. Para cumprir eficazmente estas funcións, o tractor forestal debe cumprir os seguintes requisitos: • Ter a maior capacidade de tracción e adherencia posible. • Proporcionar alta capacidade de traballo. • Permitir unha máxima economía de tempo e de traballo. • Motores de alta potencia, a partir de 180 CV. • Ter unha alta estabilidade. • Ser o máis manobrable posible. • Posibilidade de desprazamento. Tipos de tractores Existen unha gran cantidade de firmas, modelos e tipos, que se clasifican atendendo a diferentes criterios. Neste caso clasificarémolos en función dos diferentes tipos de tren de rodaxe: • Tractor de rodas pneumáticas. • Tractor de cadeas ou eirugas. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

177

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  
Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement