Page 172

VIII

TEMA

arredor dos 500 litros e que vai equipado cunha bomba auxiliar, normalmente de gasolina, que é a encargada de aspirar e de impulsar a auga. Tamén vai provisto dun número indeterminado de mangueiras, de lanzas, bifurcacións, etc.

Vehículos motobomba medios Sendo os máis empregados, móntanse sobre un vehículo todoterreo tipo carroceta ou pequeno camión, especialmente deseñado para o traballo forestal. Montan unha cisterna con capacidade para entre 2.000 e 4.000 litros e unha bomba centrífuga que funciona a través dunha toma de forza axustada ao motor do vehículo e equipada cun maior número de mangueiras de diferentes sección, lanzas, bifurcacións, etc. A capacidade de tracción e, polo tanto, as aptitudes do todoterreo adoitan ser superiores ao normal e, por suposto, aos outros tipos de vehículo motobomba.

Vehículos motobomba pesados ou cuba de reabastecemento Deseñados para transportar grandes cantidades de auga para levar a cabo as funcións de cuba de reabastecemento e polo tanto subministrar auga aos outros vehículos motobomba. Van montados en vehículos todoterreo de grandes dimensións e até tres eixes. Equipados cun depósito con capacidade de carga entre os 8.000 e 13.000 litros. A pesar de ter como principal función a de subministrar auga a outros vehículos menores, teñen tamén a posibilidade de funcionar como vehículo de extinción e polo tanto deben estar equipados co mesmo material e ferramentas ca estes. M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

175

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement