Page 171

TEMA

VIII

persoal que vai no vehículo debendo, para evitar isto, colocalo no exterior do vehículo, tal como xa dixemos, enriba da baca. No caso de ter que ir no interior do vehículo, deberá facerse un espazo separado, de forma segura, do habitáculo destinado ao transporte do persoal. Ademais disto, as ferramentas de corte deberán ir enfundadas ou levar un protector, e todas elas, a poder ser, amarradas de forma que non se vaian movendo.

Ergonomía

Debe ser ergonómico no sentido de que, tanto para a colocación coma para a extracción das ferramentas, non teñamos que adoptar posturas excesivamente incómodas e que nos poidan producir algunha lesión ou accidente.

2.2. VEHÍCULO MOTOBOMBA Neles, o equipo de extinción (depósito, bomba, mangueiras e material diverso) móntase sobre un vehículo todoterreo, xeralmente de bastidor ríxido e potencias moi variables. Cargan e transportan auga ao lugar do incendio e teñen a capacidade de lanzala sobre o lume empregando tendidos de mangueira. A bomba adoita ser de tipo centrífugo, capaz de proporcionar grandes caudais e presións medias e altas, recibindo movemento dende o motor diesel do propio vehículo, mediante unha toma e forza conectada á caixa de transferencia. Tamén están equipados con material diverso de extinción (mangueiras, lanzas, etc.), ferramenta diversa e cabrestante.

Os vehículos motobomba máis empregados son de tres tipos:

Vehículos motobomba lixeiros Normalmente van montados sobre diferentes modelos de vehículos todoterreo tipo Pick-up, onde se coloca unha cisterna na caixa do vehículo cunha capacidade que xira

174

M A N U A L D E P R E V E N C I Ó N E D E F E N S A C O N T R A O S I N C E N D I O S F O R E S TA I S D E G A L I Z A MEDIOS EMPREGADOS NA PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Manual prevención e defensa contra os incendios forestais de galiza xunta de galicia  

Descripción: Manual de extinción de incendios forestales editado por la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia en el año 2007. In...

Advertisement