Page 1

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ORIENTACIÓN

FAMILIAR

COMO MELLORAR A ATENCIÓN E A MEMORIA

A atención e a memoria son dúas capacidades fundamentais para o aprendizaxe escolar. Como tódalas capacidades pódese mellorar co adestramento. Os nenos e nenas reciben continuamente moitos estímulos tanto visuais como auditivos e precisan saber captalos e recordalos no momento preciso. A falta de atención pode chegar a ser un problema de conduta importante que pode alterar significativamente o proceso educativo dos nenos e nenas. Existen nenos e nenas que poden presentar algúns dos síntomas característicos do Transtorno por déficit de atención con hiperactividade e que sen embargo non padezar dito transtorno. Antes dos 6 anos non é habitual establecer un diagnóstico definitivo. O que si se pode facer é Adoptar unha serie de medidas educativas e estimuladoras tanto no colexio como na


casa que poden axudar a que o neno/a mellore e incluso que os síntomas desaparezan.

¿QUE PODO FACER PARA MELLORALAS? 1. DURMIR O NECESARIO POLA NOITE A primeira medida para que un neno/a manteña un nivel de atención e concentración suficiente é que durma o necesario durante a noite. Se o sono nocturno do neno/a non é adecuado ou suficiente, terá dificultades de atención durante o día e amosarase máis inquedo. 2. TRATAR PROBLEMAS RESPIRATORIOS Nenos inquedos e con problemas de atención, en ocasións padecen problemas respiratorios: asma, bronquites, alerxias. Estes problemas implican case sempre dificultades para que o sono sexa de calidade e durante o día provoca fatiga e irritabilidade. O uso de medicamentos broncodilatadores tamén soe alteralos. 3. AMBIENTE FAMILIAR TRANQUILO Un ambiente familiar caracterizado polo estrés, as presas, o desorden, e os cambios frecuentes (comer en casas distintas, que os recollan do cole persoas diferentes) ou a falta de rutina ( onde o neno non sabe o que vai a suceder a continuación) provocan problemas de atención e nerviosismo nos nenos/as. 4. MELLORAR PAUTAS EDUCATIVAS Algunhas pautas empregadas polas familias empeoran a inquietude dos nenos/as: - que o neno/a se saia coa súa se insiste ou se emperrencha, - que non haxa unhas normas claras, - que se non se cumpren as medidas, non haxa consecuencias - chamar a atención indefinidamente e sen éxito, - sobreprotección excesiva, - falta de acordos entre os membros da familia.. Todo isto empeora as cousas.


5. NON EXPOÑELO Á TV ANTES DO COLEXIO Ver a TV antes de ir ó colexio reduce a capacidade de atención en clases, xa que esta pode ser moito mais estimulante que moitas das actividades de clase. O uso de videoxogos non debera ser habitual durante a E.Infantil, xa que non favorece a concentración en actividades menos atractivas y que requiren maior esforzo mental. Sendo beneficioso, fomentar, polo contrario xogos que estimulen a imaxinación e a creatividade. 6. TEMPO DE XOGO Ó AIRE LIBRE Os nenos necesitan tempo de xogo o aire libre, xa que favorece a relación con outros nenos e canaliza a súa enerxía e vitalidade. 7. XOGOS E ACTIVIDADES QUE FAVORECEN A ATENCIÓN Propoñemos unha serie actividades-xogo que podedes facer cos vosos fillos e fillas para mellorar tanto a atención como a memoria. Podedes facelo a diario, en diferentes situacións independentemente da idade dos nenos/as, mentres ides pola rúa ou no coche. Tamén podedes facelo na casa, buscando un lugar e momento de tranquilidade para xogar con eles.

ORIENTACIÓNS XERAIS • Axudade ó neno/a a ser conscientes dos momentos nos que hai que prestar atención, cando estades a falar con eles e teñen que atender. • Fomentade momentos nos que o neno/a estea entretido e prestando atención con xogos do seu agrado. • Evitar unha sobrecargas de tarefas. Facer as cousas de unha en unha, axudaremos así a conseguir bos hábitos de atención (non estar merendando, facendo os deberes e vendo a televisión o mesmo tempo).


• Darlles varias ordes sinxelas seguidas, por exemplo vai á habitación, deixa a chaqueta, saca os zapatos, gárdaos e pon as zapatillas Hai cantidade de xogos, que todos/as atención e a memoria como poden ser :

coñecemos que fomentan a

• XOGOS DE MESA (Xogos de cartas, O dominó, O parchís). • O vexo, vexo… • Pasatempos como: -

sopas de letras, sudocus, labirintos, buscar diferenzas, atopar o que falta en debuxos incompletos… • Quebracabezas. Pódense fabricar con debuxos que lle gusten o neno/a, dun persoeiro coñecido, cortade o debuxo en varios anacos (depende da idade do neno/a) e que eles os volvan a unir. • Ler contos, e mellor si se len conxuntamente, explicándolles as imaxes que aparecen no libro e preguntando sobre o que acaba de ler.

(1º p)  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you