REVISTA PEGADA

Page 1


Portada gañadora do concurso de portadas da revista Pegada Lucía Vieito Aradas (5ºC de EP)


LIMIAR Asistimos a unha nova edición da Revista Pegada, e xa van dezaoito! Pretende ser unha publicación que ofreza as propostas máis significativas dun centro que leva formando crianzas dende hai tantos anos. E que segue a súa xeira con azos renovados, mesmo despois dos últimos cursos, en que a actividade académica e humana da nosa sociedade sufriu un trastorno inédito cunha pandemia. Con cada número da revista vaise apreciando a marca dos anos e os cambios que van acontecendo. Afortunadamente somos quen de reinventarnos e de continuar achegando novas ilusións e proxectos, sen esquecer aquilo que nos vai construíndo como centro, como sociedade e como persoas. Agardamos que, ao ollar e ler estas páxinas, experimentedes sensacións que permanezan dun xeito amable na vosa memoria. Queremos

lembrarnos,

especialmente

neste

número,

das

pequenas e dos pequenos que van cambiar de etapa: algúns e algunhas pasarán a Primaria e seguirán con nós no centro. Outras e outros pasarán a Secundaria e xa non compartiremos espazos, pero queremos que saibades que a vosa pegada quedará con nós e estaremos aquí se nos precisades. Moita sorte! Moita sorte tamén para todas e todos os docentes que estiveron con nós este curso e que non repetirán o próximo. Seguro que volveremos atoparnos! Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro.


PROXECTO “A LUZ” Durante os meses de maio e xuño o alumnado da aula Ángeles Alvariño (4º A de E. infantil) levamos a cabo o proxecto “A luz”. O proxecto iniciouse contestando a pregunta: Que é a luz?

O sol, para case todo o alumnado, é a primeira idea de luz. Empezamos a investigar máis sobre a luz do sol e a facernos preguntas. Por que é boa a luz do sol? Que coidados temos que ter coa luz do sol? De que cor é a luz do sol? Cando hai máis luz? Por que de noite apagamos a luz? Xogamos no patio coa luz do sol e intentamos trasladar ao papel a sombra que producía en distintos obxectos. Colocamos cristais pulidos dunha lámpada cerca da xanela, comprobamos o que ocorre cando a luz do sol entra no cristal: a descomposición da luz branca.

Pouco a pouco fomos transformando o espazo educativo utilizando a luz como ferramenta para explorar e crear. Na aula introducimos tres novos recantos de xogo con materiais e elementos didácticos motivadores que captan a atención dende o primeiro momento en todo o alumnado. Nun recanto instalamos un retroproxector, noutro unha caixa de luz e no terceiro colocamos lanternas e lámpadas, tubos de cartón, acetatos, papel de forno, papel celofán. En cada recanto pódese xogar con obxectos cotiás buscándolle outro uso ao pasar a luz a través deles. Xogamos coa cor colocando sobre o foco de luz anacos de papeis de cores que o mesturalos transforman a cor do deseño. A atención, curiosidade e concentración destaca entre os participantes de cada xogo.


Buscamos aos mellores expertos no tema da luz, realizamos unha visita ao taller de lámpadas “Emotion light by Arturo Álvarez” no Milladoiro. Miguel e Laura explicáronnos con moito detalle todo o proceso da elaboración dunha lámpada feita a man. Neste enlace podedes ver algunhas das súas marabillosas lámpadas https://www.a-emotionallight.com/es

A maxia da luz permitiunos observar novas posibilidades dos materiais, proxectar sombras, resaltar volumes, descubrir a descomposición da luz branca nas cores do arco da vella, investigar sobre os materiais opacos, translucidos e transparentes, creando aberturas fixemos visible o invisible.


ducación Infan E e d til 4ºB Arte con imáns Proposta que permite ao alumnado descubrir as propiedades magnéticas dos obxectos. Precisamos obxectos metálicos, pintura de cores, cartolina, bandexa e unha variña magnética. Botamos gotas de pintura sobre a cartolina no interior da bandexa, e por debaixo desta movemos a variña observando como esta move os obxectos metálicos. introducimos outros elementos non metálicos a maiores dos que xa temos para observar se se moven ou non. Ademais de traballar o magnetismo demos lugar á creación de obras de arte abstractas.

A explosión de cores que observamos é debido á reacción entre a graxa do leite e o xabón. Os colorantes flotan posto que son menos densos que o leite. O leite está composto por vitaminas, minerais, proteínas e graxas. Cando se lle bota xabón ó leite este separa as proteínas das graxas. O xabón pescuda ás graxas creando o efecto do explosivo de cores. Cando non hai movemento e que todas as moléculas de graxa foron alcanzadas.


Tinguimos flores Para esta actividade precisamos flores brancas, 3 botes, auga e colorantes. Enchemos os botes de auga e botamos varias gotas de colorante. De seguido introducimos as flores e deixamos uns días, onde día tras día vamos observando o proceso facendo unha documentación de como cada día van cambiando de cor. O obxectivo principal desta proposta é que os nenos e as nenas entenderan como as plantas se alimentan de auga e sales minerais a través das raíces, podendo observar como o colorante sobe por estas ata os pétalos das flores, neste caso calas ou flores do xerro.


Na aula Antonia Ferrín A primeira astrónoma que eu coñecín

Está 5º de infantil Contamos as estrelas ata mil

Con un telescopio que eu construín

As constelacións busco antes de durmir E así en astrónoma me convertín E por iso tardo un chisco máis en durmir


De astronauta me debuxei

E á lúa xa cheguei

Coa area xoguei

A miña pegada marquei.


AULA DE 4 ANOS B Este curso, os nenos e nenas de 4 anos xogaron, coñeceron novos compañeiros e compañeiras, pintaron, construíron, leron, investigaron, aprenderon, falaron, cantaron, bailaron, riron, xogaron moito... Entre todo isto, o que máis destacan son as dúas seguintes actividades, cheas de experimentación, creación e xogo. As PEZAS SOLTAS son materiais, cousas, obxectos, utensilios... que sen ser nada poden ser TODO. A través desta proposta, os nenos e nenas traballan a imaxinación, a creatividade, o xogo, a concentración, a experimentación, a liberdade de crear e de facer...


Tamén traballamos cos TRASVASES que favorecen a concentración, a atención, a coordinación óculo - manual e contribúen o desenvolvemento da motricidade fina e a iniciación de conceptos matemáticos. É unha forma de desfrutar da vida en grupo e dunha aprendizaxe divertida.


As Maruxas e as Coralias Alumnado de 6º de educación infantil

As Coralias e as Maruxas rematan este ano o ciclo de Educación Infantil! Este último curso deixará unha pegada especial nas súas vidas e na das mestras que as e os acompañamos. Este alumnado foi quen de superar medidas que non entendían e cumprir cuns protocolos complexos, para poder sortear esta pandemia que nos tocou vivir nestes tempos. Aprendemos a convivir, a desfrutar e xogar xuntos e xuntas, a crear de maneira colaborativa, a pensar e resolver problemas, a xestionar as emocións e a procurar solucionar os conflitos sen violencia.


— PROPOSTAS QUE DEIXARON PEGADA —-

Participamos nunha actividade de EDUCACIÓN VIARIA.

Aplicamos a METODOLOXÍA STEAM e fixemos varios EXPERIMENTOS relacionados co coidado do medio

Achegámonos ao mundo das ABELLAS

Visitáronnos moitas familias e ata nos descubriron o funcionamento dunha AMBULANCIA DO 061


TRADICIÓN ORAL Recollemos a tradición oral e traballamos con ela. Isto permitiunos participar nun traballo conxunto co Departamento de Didáctica da Expresión Plástica da USC, que editaron e maquetaron o Libro da Memoria das nosas aulas (premede na imaxe).

VISITAS DE MULLERES Non esquecemos, como xa é habitual,

o

noso

traballo

de

achegamento a grandes mulleres: afondamos na vida de Maruxa e Coralia, visitáronnos Montse Pena, Helena Villar e Encarna Otero.


FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN Tamén lembraremos as actividades que realizamos a partir de contos ou álbums ilustrados. Dramatizamos e asistimos a unha representación no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, interpretamos plasticamente, puxémoslle música e versionamos (enlace).

Desenvolvemos traballos conxuntos con alumnado de Secundaria e do Grao de Educación Infantil e recibimos unha mensaxe da cantante Adhara (PREMEDE NAS IMAXES).

ENLACES A OUTRAS PROPOSTAS QUE TAMÉN DESENVOLVEMOS Experimentos O magnetismo Concienciando sobre a conservación do medio ambiente GRAZAS a: Paula M., Alba, Paula G. e Andrea polo traballo desenvolvido co noso alumnado

DO, O T E R B E SO ILIAS M A F S Á s aulas a n GRAZAS r e c a f oso que n o r a i o por ap


Co obxectivo de fomentar unha aprendizaxe activa, en 1º A desenvolvemos un proxecto sobre o mundo dos microorganismos a través de actividades creativas de investigación: Fixemos kéfir para demostrar de maneira práctica e sinxela os beneficios dos fungos na nosa nutrición facendo iogur coa fermentación de leite e fungos.

Cultivamos bacterias para comprobar o crecemento dos diferentes microorganismos e a importancia de lavarse as mans para evitar contraer enfermidades producidas por microbios.


Extraemos o ADN das espinacas de maneira sinxela e con elementos cotiáns.

Usamos o microscopio como primeiro paso para axudar e motivar aos alumnos/as a entender como os científicos realizan o seu traballo.

E tamén fixemos un documental convertindo á rapazada en grandes reporteiros/as: https://youtu.be/9wmPCu-eTSc


As aventuras de 1ºB "Cazadores de monstros" Este curso tivemos unha misión moi especial..."CAPTURAR MONSTROS". Como membros deste club secreto, o noso obxectivo foi devolver a estes seres tan curiosos ao seu mundo. Para conseguilo, tivemos que superar diferentes probas e retos ao longo de todo o curso . A nosa misión non foi sinxela pero conseguímolo. Todos os monstros xa están de volta coas súas familias sans e salvos.

As mascotas de clase No mes de marzo, as mestras de infantil compartiron connosco uns animaliños moi especiais: vermes de seda. Con este novo proxecto, puidemos observar de primeira man, a evolución que os vermes de seda experimentan ao longo da súa vida; así como a súa alimentación e os coidados que necesitan.


"Conquistamos o universo" Neste terceiro trimestre investigamos sobre os segredos do universo. Co noso carné de astronauta, comezamos a nosa aventura.

Aprendimos os movementos da Terra e construímos a nosa propia maqueta do movemento de rotación.

Tamén xogamos e pintamos a nosa propia galaxia.


CLASE DE 1ºC Dende a clase de 1ºC traballamos dende o primeiro trimestre a organización espacial. Xa que somos conscientes do importante que é saber onde nos atopamos para poder coñecer mellor todo o que nos arrodea.

En primeiro lugar traballamos a través de actividades que nos permitiran situarnos nos espazos concretos dentro da aula; distinguindo entre dereita, esquerda, diante, detrás... e chegando a todos os lugares. Fixemos da nosa aula unha cidade enteira!

Aprendimos igualmente a distinguir entre mapas e fotografías, e axudámonos deles para atopar un tesouro virtual.


Posteriormente quixemos ir aínda máis aló, para coñecer e investigar as similitudes e diferencias entre pobo, vila, cidade, país, continente.... Para isto empregamos recursos manipulativos e participativos que nos permitisen aprender á vez que pasamos momentos divertidos. Empregamos puzzles magnéticos, fichas interactivas, globos terráqueos...

e... incluso creamos o noso propio mapa “EU NO MUNDO".


Os nosos recordos Esta é a pegada da nosa primeira semana en SEGUNDO. Eses días decidimos aprender sobre o noso entorno para poder contribuir a coidalo e conservalo.

Tamén acordamos gozar coas tradicións galegas: Magosto, Samaín, Entroido (investigamos sobre os GALÁNS e as MADAMAS).

ENCANTÁRONNOS

OS XOGOS E OS RETOS MATEMÁTICOS


de 2ºA Este é o noso espazo favorito da aula. Como recenden as plantas aromáticas !

Neste curso descubrimos unha morea de libros interesantes e escritores/as fabulosos/as. Entre eles/as: Rosalía, Florencio Delgado e

Cervantes..




3ºA: CURSO 2021-2022 Se tivese que definir este curso cunha palabra, diría marabilloso. Traballamos con moita ilusión e aprendemos un montón de cousas. A nosa dinámica de traballo foi por proxectos trimestrais, e se tivese que escoller algún, faría referencia ao proxecto que estamos levando a cabo neste final de curso: A Prehistoria. Para adentrarnos no seu coñecemento, a nosa aula converteuse nunha cova prehistórica :

Todas e todos, pintamos e deixamos as nosas pegadas, do mesmo xeito que se facía na Prehistoria:

As nosas pegadas quedan para a posteridade

Manipulamos

e coñecemos


CLASE DE 3ºB PROXECTO: "ALIMENTACIÓN SAUDABLE" 1. Primeiro explícanse que son os alimentos, tipos de alimentos e a importancia dos mesmos no noso organismo. 2. Vemos formas de clasificar os alimentos, e dentro destas, en alimentos máis ou menos sans. 3. Tras analizar diferentes clasificacións orientadas á saúde, decidimos facer unha pirámide que clasifique alimentos en alimentos para consumir todos os días, algúns días e poucos ou ningún. 4. Recortando produtos de diferentes supermercados elaboramos a nosa pirámide de alimentos. 5. Posteriormente dáselle a cada alumno e a cada alumna un pasaporte saudable, onde cada discente recibirá un cuño diariose a súa merenda se atopa dentro dos alimentos recomendadosdiariamente (saudables). Os alumnos e as alumnas quecompleten todos os días da semana con cuño, recibirán puntosque poden intercambiar por premios. Ademais, estes cuños sonpostos por un compañeiro ou comañeira (responsable semanal) que supervisará cada merenda baseándose na pirámide e no aprendido. 6. Aínda que o anterior se desenvolve dentro do contexto da área de Ciencias da Natureza, tamén se utilizan as horas de Ciencias Sociais para buscar a orixe de certos alimentos de uso recorrente no noso prato e culxa orixe se atopa a miles de quilómetros. Con isto búscase que coñezan a xeografía internacional pero tamén que valoren a importancia dos alimentos de Km0 e a enorme contaminación que supón a importación de alimentos estranxeiros. Toda esta información a trasladamos a un gran mural onde podían visualizar a distancia que recorren estes alimentos.



AULA DE 3ºC Ao longo do curso, na materia de Ciencias da Natureza vimos diferentes contidos sobre o mundo que nos rodea. Coñecemos o noso corpo, os obxectos do día a día e as forzas que actúan neles; tamén coñecemos os animais, sobre todos aqueles que son máis próximos a nós. Por último, e ao que máis tempo lle dedicamos, foron as plantas; non só coñecer as súas partes, como realizan a fotosíntese ou como se reproducen, senón que decidimos vivir, en primeira persoa, a experiencia de ser pequenas e pequenos agricultores. Dado que non tivemos a sorte de poder encargarnos dun dos bancais do horto escolar, decidimos aproveitar o espazosa que é a nosa aula e montamos o noso propio e pequeno horto. Comezamos dende o principio: trouxemos leitugas e amorodos, macetas e terra. Transplantamos as plantas e puxémoslle debaixo unha “cunca” na que botabamos auga para que sempre estiveran húmidas. Durante todo o tempo que tivemos as plantas, fomos aprendendo e mellorando para que as nosas plantiñas crecesen mellor. Puidemos observar como medran tortas así que propuxemos diferentes hipóteses e experimentamos (rotando e movendo as plantas de lugar) como boas científicas e científicos. Chegamos á conclusión de que as plantas, como precisan o sol para vivir, acaban medrando na dirección na que lles dá o sol, e como na aula só lles dá o sol dende a ventá, crecían en dirección á ventá.


Ademais, no noso pequeno horto decidimos que tiñamos un oco para tres pequenos carballos. Estes chegaron a nós como landras, plantámolos e, despois depensar que non ían nacer, actualmente podemos ver como van medrando día a día. Esperemos que no futuro poidan ser plantados, contribuíndo así ao aumento de árbores autóctonas.


Hugo B.G. (4ºA)

4ºA


Nerea (4ºA)

(4ºA)

Ulla (4ºA)

4ºA


ALUMNAS E ALUMNOS DE 4º B XUÑO 2022

VOL 2 ISSUE 17

Hoxe vímosvos contar cinco aventuras deslabazadas e sen sentido común que ás alumnas de 4ºB lles deu por maquinar, elaborar e, por suposto, non reconducir. Clicade na imaxe e poderedes ver de que estamos a falar:


UN PASEO POR COMPOSTELA, PARA COÑECER A… ROSALÍA DE CASTRO! (Polo alumnado de 5ºA). Ao longo deste curso, coñecemos a historia da lingua galega. Na clase de 5ºA compuxemos uns textos colaborativos que a resumen. Gravámolos na nosa emisora, Lulunasondas, e se premes nas imaxes, podes escoitarnos. Como acabades de comprobar, se houbo alguén que dignificou a lingua galega, e as xentes que a falaban, esa foi…Rosalía de Castro. Sabiades que naceu nunha casa do Camiño Novo, na actual Praza de Vigo? Aquí están Pablo, Carla e Claudia recordándoo xunto ao monolito onde estaba a súa casa.

Antía, Davi e Íker, informáronnos diante da porta que antes daba acceso á inclusa, que bautizaron á nena na Capela do Hostal dos Reis Católicos, que daquela era o Hospital de Santiago. Puxéronlle de nome María Rosalía Rita. Pero Rosalía non quedou na inclusa. Primeiro, unhas tías levárona para Ortoño; logo, viviu con súa nai en Padrón e regresaron as dúas a Santiago. Aquí viviu en distintos lugares da cidade, antes de marchar a Madrid, onde casa cun home que tamén vivía en Santiago: Manuel Murguía.


A parella residiu en moitas casas de Compostela… Martina, Martín Gabriel e Brais descubriron que Antonio López Ferreiro lles alugara o primeiro andar da súa casa. Mentres Rosalía estivo aquí, publicouse Cantares Gallegos. Rosalía morreu na casa da Matanza, en Padrón, pero os seus restos trasladáronse ao Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, moi pretiño do noso centro! Lucía, Camilo, Simoneta e Lois quixeron ofrecerlle a súa homenaxe.

Segundo soubemos por Sara, Ainoa, Mauro, Yago e Jimena, podemos encontrar na alameda de Santiago o monumento a Rosalía esculpido en mármore de Carrara. As nenas e os nenos galegos participaron na súa construción, entregando donativos nas escolas. Inaugurouse o 25 de xullo de 1917. Se paseas por estes sitios, coñecerás á máis grande das nosas escritoras, e descubrirás a poesía da nosa cidade, de Santiago de Compostela.


AS AVENTURAS DE 5ºC O alumnado de 5ºC traballou moitísimo ó longo deste curso 2021-2022 e aquí vos mostramos algunhas das actividades que máis nos gustaron: Por un lado, cando comezamos a traballar a Historia, ocorréusenos realizar a liña da nosa vida, e poder mostrar un pouco de nós, ós compañeiros e compañeiras. Mirade que ben quedaron!


Por outra banda, dende Lingua Galega quexemos facer unha homenaxe a Rosalía de Castro, adaptando un dos seus poemas máis famosos. Pincha no seguinte enlace para que poidades velos:

https://www.youtube.com/watch?v=oxmQdxEXZcs

Por fin este ano puidemos desfrutar de algunhas excursións como a saída a Belvís , o nde como podedes ver nas imaxes, creamos o noso propio ecosistema.



5ºD


➢ XOGOS TRADICIONAIS (24/2/22) ✓Este día baixamos ao patio de columnas e atopámonos moitos xogos que non coñeciamos. Pasámolo xenial e fixemos competición dos xogos que máis nos gustaron.

➢ ACTIVIDADE: “CREAMOS UNHA PELÍCULA”- STOPMOTION (14/3/22)

STOP MOTION é unha actividade onde creas unha película con moitas fotos. Pareceunos moi divertido aínda que tardabamos moito tempo un facer as fotos. Dentro de cada grupo cada membro tiña un rol, e rotabamos cada semana, e cada grupo tiña unha historia diferente para contar e gustounos moito.


➢ EDUCACIÓN AMBIENTAL: “A NOSA HORTA”- (25/3/22)

✓Foi unha actividade moi divertida. Encantounos plantar todo tipo de flores e plantas e comprobar de alí a un tempo o bonitas que estaban. Gustaríanos que nun futuro houbese máis actividades deste tipo.

➢ ACTIVIDADE CO ALUMNADO DE MAXISTERIO: PARQUE DE VISTA ALEGRE (SGAE) -27/1/22 ✓ Actividade organizada por dúas universitarias de Maxisterio, as cales, nos propuxeron diferentes xogos como: formar palabras con ósos do corpo, xogamos a que elas nos poñían pistas e nós cun mapa tiñamos que orientarnos e encontrar a flora e fauna que había no mapa. Rematamos cun xogo creado por elas co que aprendemos moito.


Ola, somos a clase de 6ºB, e queremos mostrarvos o noso traballo na Galipedia. Fixémolo entre tod@s para poder informarvos, a vós e ao resto do mundo, cando queirades, do noso colexio o CEIP LOPÉZ FERREIRO. A Galipedia é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega, que nos permite a tod@s nós colaborar para que máis xente teña información. Pero, coidado, hai que cumprir unhas regras para poder colaborar nela ou editar un artigo xa feito xa que todo será sempre revisado por máis xente. Por elo, estivemos varias semanas traballando nisto. E, por fin, temos o resultado, a reseña do noso colexio está dispoñible para todo aquel que queira consultala e informarse do que pasa nel. Esta nosa iniciativa é unha das que está a destacar, de entre todos os traballos que elaboran os centros, o Portal da Lingua Galega. Imos falarvos sobre unha excursión que fixemos coa profesora Sara Maroño, na que nos ensinaron como debemos ser precavidos/as nas estradas e estar seguros/as pola calzada. Fomos os dous cursos de sexto de Primaria nun autobús ao Mercado de Gando, onde sería impartido o obradoiro de seguridade viaria por parte da Policía Local. Cando chegamos, dividímonos en dous grupos: 6ºA e 6ºB. Primeiro, 6ºA dividiuse, a súa vez, en tres grupos cunha tarefa diferente cada un deles: como arranxar unha bicicleta, como ser unha boa ou un bo peón e como manexarnos polos circuítos de bicicletas e karts a pedais. Mentres, no grupo de 6ºB aprendemos como andar pola calzada en bicicleta. Logo, cambiamos de situación, así, todos e todas pasamos polas mesmas estacións do circuíto. Foi moi divertido e instrutivo!


Bo día a todos e a todas! Hoxe falarémosvos sobre o noso periódico “Crónicas de 6 b”, que naceu sendo “Crónicas de 5 b”. Todo comezou cando 4 nenos/as de 5º de primaria ían polas escaleiras á volta do recreo. Un deles comentou que estaría xenial facer un xornal, e o que parecía unha pequeniña broma converteuse nisto. A profesora accedeu e comezamos a organizarnos. Dependendo do número, tiñamos varias seccións: historia actualidade, deportes, lecer, ciencia, e opinión. De vez en cando, faciamos algunhas entrevistas, e felicitabamos os aniversarios. Tamén publicamos unha editorial por número. En xeral, todos e todas nos axudabamos. Pero case sempre precisabamos da axuda da nosa titora para subir os artigos ao blogue porque na aula a nosa wifi non nolo permitía. Tamén nos axudou Rosa, a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio. Ela corrixiunos todos os artigos para subir ao blogue e á páxina web do cole. Traballabamos os venres despois do recreo, xuntándonos coas parellas e tríos cos que faciamos o artigo. Pero, os tempos cambian, e nós cambiamos con eles. Debido a que estamos en sexto de primaria, o ano que vén pasaremos ao instituto e cadaquén irá escollendo ou seu camiño. Non nos imos sen máis, a nosa pegada deixámola no noso colexio.

Este traballo fixémolo dende o mes de decembro ata o de febreiro. Consistía en que cada grupo (dos 5 que hai na clase) escollera un país: o grupo 1 Grecia; o 2, Reino Unido; o 3, Francia; o 4, Austria e o 5, Turquía. Cada grupo tiña que buscar información do país, por exemplo: gastronomía, monumentos, fauna, xeografía, tradicións, traxe tradicional etc... Logo, teriamos que organizar a nosa estancia no país elixido. Serían 8 días cun presuposto de 1000€ por persoa (das 5 persoas que viaxan). Este traballo foi bastante complicado de facer pero tamén temos moi bos recordos. Por iso queriamos contarvos a nosa experiencia con esta proposta. Oxalá vos guste este tempo de lectura tanto como a nós este traballo.


EDUCACIÓN MUSICAL Neste curso o alumnado de Primaria puido retomar o uso da aula de Música. En cambio, a práctica coa frauta soprando levouse a cabo no patio de columnas por mor da COVID-19.



EDUCACIÓN

FÍSICA

Dende a área de educación física queremos mostrarvos as dúas actividades máis novidosas deste curso 2021-2022. Por un lado, os cursos de 1º, 2º e 3º estiveron a recibir unhas sesións de patíns na que o pasaron xenial.


Por outra banda, os cursos 4º, 5º e 6º coñeceron o Acrosport: deporte acrobático realizado con compañeiros/as ou en grupo, mediante combinacións de pirámides humanas, saltos acrobáticos e elementos coreográficos, onde o corpo realiza varias funcións claramente determinadas (porto e áxil). As primeiras sesións foron enfocadas a coñecer as normas de seguridade (agarres, posición do áxil sobre o portor, as axudas, etc..) e nas seguintes, xa comezou o divertido coas formacións de figuras. Aquí vos amosamos algunhas das fotografías que nos sacamos durante as nosas sesións, tendo en conta o nivel de cadaquén.


SECCIÓNS BILINGÜES



teacher Jianne ENGLISH LANGUAGE ASSISTANT

Jianne acompañounos durante este curso nas nosas clases de inglés. Con ela puidemos falar, xogar e coñecer un montón de cousas da súa lingua e cultura. Pero seguro que aínda podemos aprender algo máis. Os alumnos/as de 3º fixémoslle esta entrevista ...

What's your full name?

What type of music do you like?

Jianne Marie Uy

I like alternative music and rock, but I listen to mostly everything

Where are you from? I was born in the Philippines

Where did you live in your country? I lived in Manila, the capital city

Can you tell us about your family? I have a mom and a dog named Spyro, like the purple dragon. I'm an only child but I have cousins

When did you come to Spain as an English Language Asisstant? In September 2019

Why did you choose Galicia? I wanted to go somewhere with more nature and has its own unique culture

How do you feel in Santiago? I love it here, it feels like home. It's peaceful, a contrast from the chaos of Manila

What are your hobbies and interests?

I like reading, learning new things, cooking, baking, playing games and art like painting or playing an instrument

What Galician dish do you like most? My favourite is chipirones and zamburiñas

What are you good at? I'm good at cooking. Some people say I'm a good writer

What do you think about this school? I love this school! I had the best 8 months there; the teachers and students are amazing

And your future plans are ... I plan to stay here in Santiago for a while more. I enjoy working with young people so I hope to stay in this field It was a great fun being with you this school year. Remember to take care of yourselves. I'm proud of you and I know you're going to grow up into great people. I love you all!

Grazas por todo Jianne!


5TH GRADERS This year we have been lucky to have a language assistant from The Philippines.

our language assistant

Back in September, the students of 5th grade had the opportunity to interview Jianne and learn more about her culture.

If you want to listen to her, click on the headphones or scan the code.

Scan the QR code

Enjoy!

Keep In TOUCH Since

we

are

participating

in

EduExchanges

program, we have also been sharing some content with our partners in London. The most popular activity was a videoconference with the students of Vicente Cañada Blanch. They had a wonderful time exchanging experiences and getting to know each other.

The magic show Can you think of a better way of learning English? To

end

the

school

year

in

the

best

possible

way, Magia en la manga came to CEIP López Ferreiro to show us some great tricks. We had a blast!


6th graders

They were really involved in the activities related to EduExchanges, they were willing to speak to Cañada’s Blanch students and enjoyed the digital meeting very much. They also prepared different stuff to share with them. for instance the Welcome to Our School presentation. Cañada Blanch 6th Grade students shared a video with us. Scan the code to watch it! Or click on the link

JIANNE with 4th and 6th Grade Students A special reference to Jianne, always ready to cheer us with funny and motivating activities. Thank you so much :)

Another main character from now on OUR LOGO :)

4th graders

It was difficult to decide which activity to write about. In the end, we decided to focus on the Milky Way Activity, because of the great time we had with professors José Ángel Docobo and Pedro Pablo Campo as well as preparing the exhibition. Scan the code, please! Or click on the link


ROMPENDO BARREIRAS COA LINGUAXE PICTOGRÁFICA EDLG-Departamento de Orientación


AÍ VÉN O MAIO






Florencio M. Delgado Gurriarán


HIMNO GALEGO